O Caderno da Crítica de Ramón Nicolás publica o balance anual do Taboleiro do libro galego, realizado cos datos achegados por librarías de todo o país. O último día de Terranova (Manuel Rivas), Os elefantes de Sokúrov (Antón Riveiro Coello) e Amor é unha palabra coma outra calquera (Francisco Castro) encabezan a lista de novelas máis destacadas. O deserto (María do Cebreiro) en poesía, Historia das historias de Galicia (Isidro Dubert) en ensaio, Europa Express (Andrea Maceiras) en xuvenil, Esmeraldina, a pequena defunta (Ledicia Costas), Canta o cuco (Uxía e Magín Blanco) en libro-cd e O bichero VI (Davila) en banda deseñada súmanse ao cadro de honor.
Fálase
A primeira representación teatral de Valle Inclán en galego xa ten data: o 3 de marzo no Principal de Santiago da man de Producións Excéntricas, como avanzou Praza.gal. Tras a estrea desa xornada a obra representarase os días 4 e 5 e do 9 ao 11 do mesmo mes. Despois será representada no Teatro Colón da Coruña os días 17 e 18. As entradas para as funcións compostelás e máis para a coruñesa xa están á venda.
Louzán reitera que non cometeu o suborno polo que será xulgado, di ser vítima dun "escarnio" e pregúntase se no seu caso se procura a "xustiza" ou "axustizalo". Afirmouno en rolda de prensa tras saír á luz a apertura de xuízo oral. Recólleo Galiciaé
ÚLTIMA HORA | Aparece aforcado en Lestedo (Boqueixón) o presunto asasino da moza acoitelada en Santiago pola súa ex-parella. A Policía estaba a buscalo dende a agresión. Recólleo Europa Press na súa web.
Unhas 70 persoas participaron en Compostela no roteiro sobre Valle-Inclán organizado polo Ateneo. Azabachería, Praterías, Quintana, o interior da Catedral, o Teatro Principal ou o Casino foron algúns dos lugares dun percorrido que seguíu os pasos na cidade do autor galego
Os contratos temporais de menos dun mes subiron un 82% en Galicia durante a crise. Estas contratacións de corta duración pasaron de supor o 29% das eventuais en 2007 a superar o 45% na actualidade
O 25,8% dos españois e españolas declárase non crente, segundo o informe anual de laicidade da Fundación Ferrer y Guardia. En 1980 a cifra era do 8,5% da poboación. A porcentaxe crece ata o 49% entre as persoas de 18 a 34 anos. En Galicia a porcentaxe de non crentes é do 17,3%
A recuperación do emprego en España volve ampliar a fenda entre homes e mulleres. Un informe do Consello Económico e Social alerta de que a evolución recente do emprego e o paro é peor entre as mulleres: "Durante a crise vimos unha redución ficticia das diferenzas, agora volvemos á realidade"
A CIG denuncia cun 'via crucis' a "indefensión" que, din, sofre o persoal de Correos. O sindicato pon o foco na sanción aplicada pola empresa pública a unha carteira de Boiro.
O Concello da Coruña reclama 590.000 euros á concesionaria do elevador do monte de San Pedro tras detectar "graves irregularidades" nas súas contas de 2010 e 2012. Así o vén de facer público o goberno coruñés nun comunicado.