Este mércores será o primeiro día sen cotas para a produción de leite, despois de 25 anos. As dez mil explotacións galegas temen un descenso de prezos e unha limitación do seu poder de negociación antre a industria. Piden unha moratoria ou, cando menos, máis control e inspeccións ante posibles abusos.
Fálase
O Concello de Vila de Cruces non autoriza a Festa no Mosteiro de Carboeiro, organizada dende hai semanas nas redes sociais como protesta polos 300.000 euros pagados pola Xunta á produtora de Enrique Iglesias. Estaba previsto que o evento se celebrase este venres na praia fluvial da Carixa. O Concello asegura que o espazo podería quedar moi deteriorado e ofrécese a buscar unha localización alternativa.
Dúas mulleres foron asasinadas polas súas parellas este luns en Alhaurín de la Torre (Málaga) e Lleida, mortes ás que se suma a dunha muller e os seus dous fillos pequenos en Gibraltar, posiblemente a mans do seu home.
CiU e ERC pactan con entidades soberanistas (ANC, Òmnium e AMI) proclamar a independencia 18 meses despois das eleccións do 27 de setembro se os dous partidos acadan a maioría absoluta. O acordo deixa fóra a ICV, Unió e CUP.
Podemos confirma que retira o apoio a Ourense en Común malia crer que é "a única ferramenta dos veciños para recuperar un Concello secuestrado". O Consello Cidadán decide non confluír na plataforma ao non garantirse unhas primarias abertas tras a anulación das primeiras entre acusacións de "carretaxe" e logo dun proceso "ilexítimo".
O PP anuncia unha iniciativa no Parlamento galego sobre o "respeto aos dereitos fundamentais en Venezuela".
AGE reclámalle á Xunta que cumpra as sentenzas xudiciais aínda sen executar e solicite a marcha de Ence da Ría de Pontevedra, en resposta á aberta defensa da continuidade da factoría no seu actual emprazamento realizada o venres por Jacobo Moreira (PP). No marco deste debate, vén de saberse que a planta de Lourizán rexistrou perdas de 13,7 millóns de euros o pasado ano.
O Goberno de Carlos Negreira deberá posicionarse no pleno deste mércores, nunha moción presentada polo BNG, sobre a revisión dos acordos de Someso aprobados no mandato de Francisco Vázquez, "decisiva", a xuízo do Tribunal de Contas, para que prospere a denuncia contra o ex alcalde
O BNG denuncia unha agresión da policía portuguesa a tres dos seus concelleiros cando protestaban ante o vicepresidente Alfonso Rueda pola situación da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves.
A dereita francesa confirma a súa vitoria na segunda volta das eleccións departamentais, gañando 67 dos 101 departamentos e arrebatándolle 28 á esquerda. A Fronte Nacional non obtivo a vitoria en ningún.