O BNG presenta o seu novo logotipo, que a formación nacionalista está a difundir no marco da campaña #novoBNG.

O BNG presenta o seu novo logotipo, que a formación nacionalista está a difundir no marco da campaña #novoBNG.
Fomento teima en que vai construír unha liña de AVE Ourense-Vigo por Cerdedo. O millonario proxecto apenas ten financiamento e volveu ser adiado en virtude dun pacto do PP con Foro Asturias. Diversos dirixentes dubidan en privado de que chegue a realizarse.
Unha publicación da Asociación de Empresarios de Sada (Xornal Mariñán) equipara nun artigo de opinión a homosexualidade á pederastia e o incesto, afirmando por exemplo que "una cosa es el homosexual discreto y respetable y otra muy distinta el maricón ostentoso". O texto, titulado "La homosexualidad es pecado", recibiu o apoio do presidente da entidade empresarial, que o cualifica de "valente e correcto"
Hoxe comeza na Coruña o Festival (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, que chegará ata o domingo.
A sonda lanzada este martes en Ordes por alumnado de institutos de Vila de Cruces, Ordes e Oleiros acadou os 32 mil metros de altura, caendo tres horas e media despois nun lugar do Concello de Lalín
Uns douscentos taxis rodean a Xunta e esíxenlle que poña freo á "competencia desleal" de Uber e Cabify. El Diario analiza o conflito
VÍDEO | Unha protesta en Santiago contra o peche do CSO Escarnio e Maldizer remata con cargas policiais na zona vella da cidade e cunha persoa detida (vídeo: Gz Contrainfo)
O cumio ibérico elude propoñer máis avances no tren Vigo-Porto que electrificalo en 2019 e desoe a proposta da Eurorrexión de facelo competitivo a partir de 2020 coa rebaixa do tempo de viaxe a unha hora. Tampouco inclúe a proposta do corredor do Noroeste.
PP e PSOE acordan dar marcha atrás á norma que puña en risco centos de empregos na Xunta pola combinación cun artigo dos Orzamentos galegos. O pacto vén de acadarse no proceso de aprobación das contas estatais, que se están a tramitar no Congreso.
AUDIO | As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, agora tamén na radio nas voces do alumnado do IES das Mariñas, en Betanzos. A obra de Carlos Casares foi adaptada no marco dun proxecto do Laboratorio de Radio