O presidente do BCE, Mario Draghi, afirma na Eurocámara que se necesita un "pacto polo crecemento" para saír da crise, criticando a política de axustes imposta por Alemaña. De igual xeito, Romano Prodi propón un cambio de timón para salvar a EU: "Se Alemaña parece estar convencida de poder facelo soa, Italia debe traballar con Francia e España para impulsar Europa"
Fálase
Portugueses enchen a Avenida da Liberdade para comemorar o 25 de Abril. Entre eles estaba o socialista Manuel Alegre, cuxa ausencia (ao igual que a de Mario Soares) nos actos oficiais do Parlamento por vez primeira xerou polémica. Para Vasco Lourenço a verdadeira conmemoración foi feita nas rúas.
Vén de comezar a súa andaina na web Sermos Galiza, o semanario en galego, que chegará aos kioskos o 17 de maio. Benvidos!
Baloncesto. O Obradoiro perde en Madrid ante o Estudiantes (79-62) e terá que agardar para certificar a permanencia. O Valladolid xa é equipo da Liga LEB.
Balonmán. O Academia Octavio perde ante o Ademar León e terá que seguir esperando para sumar a vitoria que lle dea a permanencia na Asobal.
A cousa está que ferve no IES A Cachada de Boiro. O enfrontamento entre os amigos de Romero (castelanfalantes) e de Xiana (galegofalantes), os Montescos e Capuletos da obra de teatro 2.0 e en tempo real Amores Prohibidos, chega ás mans.
O Ministerio de Educación estuda subir ata un seis a nota para lograr unha bolsa. Cóntao a Cadena SER.
O deputado do BNG Fernando Branco Parga preguntoulle esta mañá á Xunta pola retirada do financiamento público a tres escolas infantís de Narón. Para apoiar o mantemento do servizo, manifestou o seu apoio ás familias afectadas cunha camiseta co lema "non ao peche".
A confianza do consumidor español cae ao seu nivel máis baixo nos últimos catro anos durante o primeiro trimestre de 2012. O informe GfK Clima de Confianza do Consumidor Europeo indica tamén que as expectativas económicas dos cidadáns baixaron trece puntos, até o -21,5.
O PSOE suspende cautelarmente de militancia o ex alcalde de Vigo, Carlos Príncipe. Toda a información, nuns minutos en Praza.