Comeza o escrutinio. Pódese seguir o seu avance en tempo real.
Fálase
A participación iguálase, practicamente, coa de 2012 no avance das 17:00. Sitúase na contorna do 42%. Toda a información, polo miúdo, neste espazo.
Xoán Bascuas votou esta mañá nas Escolas Vellas de Marcelle, na Baña.
Consulta neste gráfico en que comarcas creceu máis a participación ás 12 do mediodía con respecto ao dato de 2012 e en cales se está a producir unha menor mobilización en comparación cos últimos comicios.
Alberto Núñez Feijóo, candidato do PP á reelección, votou este mediodía nun colexio de Vigo
O primeiro avance de participación , das 12:00, apunta a unha lixeira suba a respecto das eleccións de hai catro anos. En 2012 roldaba o 13% e desta volta, o 15%. Toda a información, hoxe en Praza.
Luís Villares votou pasadas as 11 da mañá na Casa das Linguas de Lugo
Cristina Losada votou en Vigo, tamén ao redor das 11 da mañá
Xoaquín Fernández Leiceaga, candidato do PSdeG á Xunta, vén de votar na Reitoría da USC, en Santiago
Ana Pontón foi a primeira das candidatas á Presidencia da Xunta en votar. Fíxoo ás 10.30 en Compostela.