O fiscal investiga por prevaricación a Medio Rural ao contratar helicópteros. Un informe de Consello de Contas censuras as adxudicacións a Inaer, a empresa que opera a maioría dos medios aéreos da Xunta.
Fálase
A nova materia de Relixión inclúe rezos en clase e suprime referencias a outras confesións. O Goberno central vén de publicar os currículos para Primaria e Secundaria.
A UPG cualifica a Podemos de "trapallada propagandística" e acúsao de medrar a través de "infiltracións" como as sufridas polo BNG.
Estoupa un artefacto explosivo nunha sucursal bancaria en Tui sen causar feridos. A desaparición de cartos fai dubidar se foi un atentado ou un atraco.
O perfil de Enrique Iglesias en Twitter anuncia, con mención á Xunta, a "estrea" do vídeo que o Goberno galego financiou con 300.000 euros. A montaxe xa foi difundida por varios medios a pasada fin de semana.
SinPermiso publica varios textos que analizan as negociacións entre Grecia e a UE e o acordo finalmente acadado. O xornalista alemán Tom Strohschneider salienta que Syriza "impulsou a repolitización da xestión da crise na UE, o que tamén contribuíu a mellorar as circunstancias políticas das esquerdas no resto de países. O economista James K. Galbraith subliña que "Varoufakis e os representantes de FMI, a Comisión e o BCE salvaron Europa da catástrofe á que irresponsablemente a abocaban varios ministros de finanzas do Eurogrupo".
Retómase o debate de política xeral no Congreso coa intervención do líder do PSOE, Pedro Sánchez. Pódese seguir ao vivo en Eldiario.es
A Policía trabúcase de enderezo á hora de levar a cabo un desafiuzamento en Xixón e deixa durante varias horas na rúa os seus propietarios
Rajoy di que España creará "medio millón de empregos netos" cada ano e presume do que tería logrado o seu goberno, nun discurso no Debate do Estado da Nación que a oposición cualifica de "euforia e propaganda".
O pleno da Deputación de Lugo declara a conselleira de Sanidade "persoa non grata" por "negarlles aos lucenses, reiteradamente, os servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear" no Hospital Lucus Augusti. A declaración foi aprobada por PSdeG e BNG.