ElDiario publica unha galeria con imaxes de farolas acesas en pleno dia durante este 14N. Moitos concellos gobernados polo PP quixeron desta forma manipular os datos de consumo eléctrico, que se empregan como indicador do éxito da folga.

ElDiario publica unha galeria con imaxes de farolas acesas en pleno dia durante este 14N. Moitos concellos gobernados polo PP quixeron desta forma manipular os datos de consumo eléctrico, que se empregan como indicador do éxito da folga.
Axentes de policia infiltrados nunha manifestación en Barcelona son descubertos e foxen do lugar.
A caida da demanda eléctrica rolda o 11% con respecto ao previsto por Red Eléctrica, inferior ao 29M de 2012 (15,2%) e ao 29S de 2010 (13,5%). Mentres, o consumo de electricidade imputable á actividade produtiva cae un 60%, tamén por debaixo dos datos das dúas últimas convocatorias: 87,7% e 68,4%, respectivamente.
O secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, denuncia que dous policías se infiltraron nun piquete utilizando autocolantes do sindicato. Na web de Europa Press.
O seguimento da #FolgaXeral na CRTVG elévase ao 68%, segundo datos oficiais da compañía que avanza o xornalista da Radio Galega Kiko Novoa
Remata a manifestación en Compostela. Foi preciso repetir as intervención finais debido á gran afluencia de xente na Praza da Quintana.
UGT, CCOO e CIG cifran en medio millón de persoas os participantes nas manifestacións que nestes momentos están rematando nas cidades e vilas galegas e elevan a 180.000 as persoas que saíron as rúas de Vigo. Falan de “día histórico” e dun seguimento do 90% en Galicia. Os tres sindicatos advirten que este 14N terá "continuidade cunha mobilización sostida no tempo porque, do contrario, teremos máis problemas e unha maior deterioración social".
Os sindicatos calculan que 150.000 persoas participaron na manifestación de Vigo, 125.000 na da Coruña, 100.000 na de Ferrol, 30.000 na de Compostela e 30.000 na de Ourense. A marcha da Coruña desprazouse a Maria Pita, Na imaxe de @manarroyo a Praza de Armas de Ferrol.
El Diario publica o argumentario que o PP repartiu entre os seus cargos públicos e militantes para este 14N. Salienta que "la huelga general supone un coste de miles de millones de euros quepodrían destinarse al gasto social" e que "la reforma laboral está empezando a frenar la destrucción de empleo"
Denuncian que o Concello da Coruña mantivo acesas as farolas da cidade até case o mediodia.