O BNG lamenta que o PP lle manteña o nome de Francisco Vázquez ao paseo marítimo da Coruña, desestimando a emenda presentada polo Bloque no Pleno de xaneiro
Fálase
Bruxelas dille a España que as reformas non son suficientes e advírtelle do risco de que a recesión siga en 2014.
Feijoo pecha a comparecencia con novas acusacións á oposición: "Non vou aceptar ningunha coacción". Afirma que recibiu mensaxes de apoio de varios cargos do PSOE e reclámase como "un rapaz de aldea" que "non ten piano nin foi á Sorbona".
Jorquera cualifica de "indecente" a intervención de Feijoo. Beiras acúsao de "soberbio" e de "falto de ética" e afirma que "perdeu a súa lexitimidade". Vázquez di que "a maioria dos galegos e dos españois sabe que está mentindo".
A produción industrial cae un punto en Galicia e acumula un aumento do 2,9% de media no que vai de ano. A caída é case oito puntos menor á do Estado.
As palabras de Feijoo indignan os deputados e deputadas da oposición e Pilar Rojo ameaza con suspender o pleno ante as protestas.
Feijoo continúa dedicando máis tempo a falar do goberno bipartito, das fotos de Anxo Quintana e do concurso eólico que do escándalo das súas relacións con Marcial Dorado. "Téñolle máis respecto a Quintana e a Touriño que os seus propios partidos", di.
Na súa réplica Feijoo sitúase no papel de vítima: "Vostedes veñen aquí a acusarme, eu veño darlle explicacións ao meu pobo". E recunca nas súas acusacións ao Bipartito de "concederlle subvencións ás empresas de Dorado".
Pachi Vázquez pídelle a Feijoo que dimita "para que Galicia non teña que cargar con esas fotos".
Pachi Vázquez lémbralle a Feijoo "o motivo polo que está aquí". Constata a imposibilidade de que non coñecese as actividades de Dorado e pregúntalle por que lle presentou a súa dimisión a Fraga en 2003 por mor das fotos co narco. Acúsao de "rir" de todos os galegos.