Pachi Vázquez pídelle a Feijoo que dimita "para que Galicia non teña que cargar con esas fotos".
Fálase
Pachi Vázquez lémbralle a Feijoo "o motivo polo que está aquí". Constata a imposibilidade de que non coñecese as actividades de Dorado e pregúntalle por que lle presentou a súa dimisión a Fraga en 2003 por mor das fotos co narco. Acúsao de "rir" de todos os galegos.
Beiras di que Feijoo "insulta" a oposición e a cidadanía, sobre todo as persoas que sufriron os efectos da droga e da sida. "Se vostede non sabia o que pasaba no pais, que capacidade ten para gobernalo?, pregunta, e conclúe: "Vostede é a indecencia feita persoa. Actúa pola cobiza do poder".
Xosé Manuel Beiras comeza a súa intervención afirmando que antes da sesión sentia "noxo" por ter que "tratar cuestións morais" no Parlamento, pero que despois das evasivas palabras de Feijoo sente "indignación".
Jorquera pecha a súa intervención afirmando que "unha persoa que mente non é digna que dirixir este pais". A presidenta do Parlamento cortoulle o micrófono nos últimos instantes por entender que superara o tempo previsto.
Francisco Jorquera comeza a súa intervención lembrándolle a Feijoo que acudiu ao Parlamento "arrastrado pola oposición". Amósalle unha foto da xeración perdida de Vilanova de Arousa e afirma que seis dos seis rapaces que aparecen na imaxe morreron "mentres vostede reuníase co seu executor, Marcial Dorado"
Feijoo afirma que "a lexislatura na que a Xunta concedeu máis contratos ás empresas de Dorado foi a do bipartito". No seu discurso tamén fai referencia "aos eres de Andalucía" dirixidas a PSdeG e EU, e a Batasuna e Arnaldo Otegi, dirixidas a BNG. E repite en varias ocasións o cualificativo de "hipocrisía" para referirse á actuación dos grupos da oposición.
Despois de responder de forma telegráfica a 23 preguntas que el mesmo enunciou, Feijoo dedica a súa comparecencia a criticar os grupos da oposición, en especial a Pachi Vázquez. "Que lles queda aos señores da oposición sen a verdade? A insinuación para continuar coa infamia", di
Alberto Núñez Feijoo inicia a súa intervención no Parlamento para dar conta das súas fotos co narco Marcial Dorado e comeza con críticas á oposición e a El País.
Remata o peche contra a Lomce no IES Rosalía de Castro de Santiago. O encerro pasa este mércores ao IES Menéndez Pidal da Coruña e continuará ata final de mes por toda Galicia.