O Parlamento europeo rexeita prohibir a pesca de arrastre, como propoñía a Comisión e defendían grupos ecoloxistas e pescadores artesanais, coma a asociación Promar, a Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible e a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia.
Fálase
Julia Otero denuncia que estudantes queden sen bolsa por presentar o certificado académico en galego e cre "vergoñento" que doce investigadores galegos queden sen axuda por razóns de idioma.
Rajoy vincula o funeral de Nelson Mandela coa vitoria de España no mundial de fútbol e xera multitude de chanzas nas redes sociais. Vilaweb recolle a gravación das declaracións do presidente do Goberno central.
O PP carga contra Besteiro por non sumarse ao recorte de deputados. A voceira conservadora, Paula Prado, cre que o líder socialista non asume a tesoirada porque "Beiras e o BNG" non lle deixan e advirte de que o Grupo Popular retallará o lexislativo en solitario.
As asociacións Buril, Cultura do País, Adega e Mariñapatrimonio organizan este domingo 15 de decembro un roteiro por varios xacementos arqueolóxicos da Mariña para demandar o retorno da colección Álvaro Gil
O Congreso aproba que os vixilantes poidan identificar e deter persoas na rúa grazas aos votos de PP, CiU e PNV, que deron luz verde á Lei de Seguridade Privada.
A alza de prezos do mercado maiorista de electricidade, motivada pola presión das grandes empresas do sector, anticipa unha suba da luz en xaneiro do 8%. O 19 de decembro celebrarase unha poxa virtual que determinará a tarifa de último recurso do primeiro trimestre do ano.
As confrarías de Fisterra, Corcubión, Lira, O Pindo e Porto do Son comercializarán o seu polbo baixo a marca Pulpo de lonja e a través dunha plataforma de internet (Lonja en la red)
A Junta de Andalucía volve expropiar unha vivenda para evitar un desafiuzamento. É a segunda que culmina o Goberno autonómico tras a entrada en vigor da nova lei de vivenda.
Público analiza os malos resultados obtidos polos países escandinavos (nomeadamente Finlandia ou Suecia) no informe PISA, e que están a xerar un gran debate na rexión. A municipalización do ensino ou o incremento da privatización, entre as explicacións suxeridas.