A alza de prezos do mercado maiorista de electricidade, motivada pola presión das grandes empresas do sector, anticipa unha suba da luz en xaneiro do 8%. O 19 de decembro celebrarase unha poxa virtual que determinará a tarifa de último recurso do primeiro trimestre do ano.
Fálase
As confrarías de Fisterra, Corcubión, Lira, O Pindo e Porto do Son comercializarán o seu polbo baixo a marca Pulpo de lonja e a través dunha plataforma de internet (Lonja en la red)
A Junta de Andalucía volve expropiar unha vivenda para evitar un desafiuzamento. É a segunda que culmina o Goberno autonómico tras a entrada en vigor da nova lei de vivenda.
Público analiza os malos resultados obtidos polos países escandinavos (nomeadamente Finlandia ou Suecia) no informe PISA, e que están a xerar un gran debate na rexión. A municipalización do ensino ou o incremento da privatización, entre as explicacións suxeridas.
Madrid acolle esta fin de semana o 4º Congreso do Partido da Esquerda Europea, no que o grego Alexis Tsipras será proposto de maneira oficial como candidato á Comisión. Aprobarase un documento político que avoga por "refundar" a UE pero que evita falar de ruptura co euro
A segunda xornada de folga na sanidade galega mantén a elevada participación do luns, destacan os sindicatos. Esta tarde están convocadas manifestacións en 13 cidades e vilas galegas en defensa da sanidade pública. Toda a información, al longo do día en Praza.
Rajoy apela ao legado de Nelson Mandela para defender a unidade de España. Fíxoo nunha entrevista en RNE que recolle Europa Press
Comezou xa acto de funeral e homenaxe a Nelson Mandela. Pódese seguir ao vivo a través desta ligazón
Milwaukee acollerá o primeiro simposio sobre Estudos Galegos en Norteamérica. (Re)Mapping Galician Studies in North America celebrarase o vindeiro mes de maio
Presentan unha ruta literaria do mar de Arousa e do Ulla, destacando autores coma Camilo José Cela, Rosalía de Castro, Valle Inclán, Castelao, Dieste, Ramón Cabanillas ou Manuel Antonio.