A Real Academia Galega vén de estrear o seu perfil en Twitter
Fálase
Os sindicatos de Novagalicia vólvense reunir hoxe coa entidade para preparar o ERE. Poderán consultar a documentación, pero só en inglés e sen acceder a unha copia. As centrais rexeitaron xa rotundamente o plan de reestruturación, que prevé máis de 2.000 despidos.
Reiníciase o xuízo do Prestige coa declaración do capitán das operacións de rescate. Tamén declararán na Coruña varios técnicos do 'Pesca I' e do 'Pesca II'.
Galaxia conmemorará neste 2013 a figura de Francisco Fernández del Riego, do que se celebra o centenario do seu nacemento. A editorial vén de abrir un blog sobre o intelectual galeguista que irá recollendo toda información que xeren os actos de homenaxe.
Afectados polas preferentes volverán protestar hoxe na oficina central de NGB en Santiago de Compostela. Este luns xa provocaron o seu peche e anuncian que a súa intención é paralizar a súa actividade todos os dias. Din ter "o mesmo perfil" que as persoas que recuperaron os seus cartos a través da arbitraxe, e reivindican "ser chamados" polo Instituto Galego de Consumo.
David Reboredo mándalle unha carta a Willy Uribe dende a cadea. O Goberno negoulle o indulto a Reboredo, que lle escibe: "ánimo e que no decaia o ruido, imos obrigalos a que se lles caia a cara de vergonza, e teñan que desmontar a inxustiza que cometeron, neste caso comigo, pero outras tantas veces con persoas na miña mesma situación"
El Diario entrevista os promotores do Partido X, que poñen o énfase en desenvolver "un método, non unha ideoloxía"
A Policía detivo esta noite un presunto integrante de Resistencia Galega en Ames e acúsao de ter no seu poder tres artefactos explosivos caseiros
A brigada de delictos tecnolóxicos interrogar a twitteira @almu_en_lucha, pertencente ao movemento 15M, por escribir citas de Antonio Gramsci, acusándoa de escribir tweets violentos
Babs, de Baobab Teatro será a obra que representará a Galicia na Fetén, Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas que se celebrará entre o 24 de febreiro e o 1 de marzo en Xixón.