Babs, de Baobab Teatro será a obra que representará a Galicia na Fetén, Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas que se celebrará entre o 24 de febreiro e o 1 de marzo en Xixón.
Fálase
O BNG censura o traslado a comisaría de dúas persoas afectadas polas preferentes que protestaban en Santiago o pasado sábado, durante a visita de Mariano Rajoy
A Policía Local de Lugo imponlles senllas multas a dous dos coches que tiraban das carrozas da cabalgata de Reis na cidade. Cóntao El Progreso.
A presidenta do Parlamento acusa os "grupos" parlamentarios de facer "uso político da dor da xente" por convidar afectados polas preferentes á tribuna da Cámara na sesión na que se produciron fortes protestas. Díxoo nunha entrevista na Radio Galega.
O xuíz admite a querela da Fiscalía contra Baltar. O maxistrado investigará así a contratación de cen persoas pola Deputación xusto antes da elección do seu fillo como presidente provincial do PP. Máis información, esta tarde en Praza.
A CEOE pide profundar na reforma laboral porque quedou curta. Denuncian problemas para sacar adiante os ERE.
Está a circular polas redes sociais o erro cometido onte por Televisión Española, que ilustrou unha nova sobre o premio Nadal de literatura con imaxes do tenista Rafa Nadal. Recólleo La Vanguardia, xornal no que traballa o gañador do galardón.
Esta noite faleceu Enrique Meneses, reporteiro de longa traxectoria, que entre outras cousas foi o primeiro xornalista que subiu á Sierra Maestra na revolución cubana. Mantivo a súa actividade no seu blog e na súa conta de twitter até o último dia.
Os bancos e as caixas achegan 6.000 pisos ao fondo para desafiuzados creado polo Goberno para darlle teito a persoas desaloxadas.
Gas Natural seca novamente o Miño ao tempo que pide permisos para ampliar os encoros de Os Peares II e Belesar II