Centos de veciños lembran a Ignacio Echevarría nas Pontes, localidade onde viviu once anos. O galego asasinado en Londres nun atentado terrorista morreu a causa dunha coitelada nas costas, segundo desvelou o certificado de defunción.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/593c01ce8ff1f-fotonoticia_20170610160535_640.jpg)
Centos de veciños lembran a Ignacio Echevarría nas Pontes, localidade onde viviu once anos. O galego asasinado en Londres nun atentado terrorista morreu a causa dunha coitelada nas costas, segundo desvelou o certificado de defunción.
Un acto en Compostela amosa o apoio ao referendo catalán. BNG, En Marea ou CIG secundan a convocatoria da Assemblea Nacional Catalana no Obradoiro en apoio da consulta convocada pola Generalitat para o vindeiro 1 de outubro. Toda a información, hoxe en Praza.
A ex-ministra Cristina Narbona presidirá o PSOE. Aceptou o cargo que lle ofreceu Pedro Sánchez, en cuxa candidatura participou.
20.000 traballadores do metal na provincia da Coruña irán catro días á folga polo convenio. Os sindicatos asinan a convocatoria para os días 22 e 27 e para o 4 e 5 de xullo.
O xuíz de Angrois prorroga a instrución ata finais de 2018, na liña do solicitado pola Fiscalía, segundo un auto ao que tivo acceso Praza.gal. A instrución foi reaberta hai un ano por orde da Audiencia da Coruña despois de que xuíz e fiscal a pechasen co maquinista como único acusado.
A Xunta publica as listaxes de persoas admitidas e excluídas nas oposicións de Educación. Pódense consultar na web da Consellería. O prazo de reclamacións é de cinco días naturais.
O Goberno central concede a Medalla ao Mérito no Traballo ao ex-presidente Gerardo Fernández Albor. O Consello de Ministros destaca, xunto á súa traxectoría política, que "acumula unha extensa carreira como cotizante da Seguridade Social" cando está a piques de facer 100 anos. O Executivo de Rajoy outorga a mesma distinción a Magín Alfredo Froiz, fundador dos supermercados Froiz.
AUDIO | O delegado da Xunta en Lugo afirma que a provincia "agora" vai ter "osos con diñeiro", mentres que antes tiña "osos, nada máis". José Manuel Balseiro anunciou así os fondos para paliar os danos causados por estes animais na montaña lucense. "Non imos dedicar diñeiro a que haxa máis osos", abondou, tal e como recolle Radio Lugo. En 2014 recolléronse novas testemuñas da presenza de osos no Courel.
Jaime Castiñeira abandona a portavocía municipal do PP de Lugo e a corporación tras 14 anos como edil, 7 deles como voceiro. Castiñeira aspirou á alcaldía da cidade en 2011 e 2015 e a súa renuncia chega apenas dúas semanas despois de que Ramón Carballo accedese á presidencia local do partido, ratificando o seu afastamento do liderado. É tamén deputado no Parlamento.
A Generalitat convoca o referendo para o 1 de outubro. A pregunta acordada é: Quere que Catalunya sexa un Estado independente en forma de república?. "Comprometémonos a aplicar o mandato dos cidadáns", di o president Puigdemont.