AUDIO | O delegado da Xunta en Lugo afirma que a provincia "agora" vai ter "osos con diñeiro", mentres que antes tiña "osos, nada máis". José Manuel Balseiro anunciou así os fondos para paliar os danos causados por estes animais na montaña lucense. "Non imos dedicar diñeiro a que haxa máis osos", abondou, tal e como recolle Radio Lugo. En 2014 recolléronse novas testemuñas da presenza de osos no Courel.
Fálase
Jaime Castiñeira abandona a portavocía municipal do PP de Lugo e a corporación tras 14 anos como edil, 7 deles como voceiro. Castiñeira aspirou á alcaldía da cidade en 2011 e 2015 e a súa renuncia chega apenas dúas semanas despois de que Ramón Carballo accedese á presidencia local do partido, ratificando o seu afastamento do liderado. É tamén deputado no Parlamento.
A Generalitat convoca o referendo para o 1 de outubro. A pregunta acordada é: Quere que Catalunya sexa un Estado independente en forma de república?. "Comprometémonos a aplicar o mandato dos cidadáns", di o president Puigdemont.
O Estado celebra hoxe a poxa da mansión intervida ao narcotraficante Laureano Oubiña xunto a outras sete propiedades procedentes do tráfico de drogas. Recólleo Faro de Vigo
O TC declara inconstitucional a amnistía fiscal do Goberno do PP, pero non anula os beneficios de quen se acolleron a ela. O recurso fora presentado polo PSOE. Recólleo eldiario.es
Xosé Ramón Gayoso, Xusto Beramendi, Cristina Pato, o Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove, Medallas Castelao 2017, segundo vén de aprobar o Consello da Xunta. Os galardóns entréganse o vindeiro 28 de xuño. (imaxe: CRTVG)
Con motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos, este xoves amenceron cubertos de plásticos varios espazos e monumentos significativos da Coruña, dentro da iniciativa Móllate! co obxectivo de "sensibilizar sobre a importancia da redución de plásticos nas nosas vidas"
O Reino Unido celebra eleccións este xoves. A conservadora Theresa May mantense por diante nas enquisas, a pesar de que durante a campaña a diferenza co laborista Jeremy Corbyn se reduciu notablemente. Os conservadores gañarían por entre 1 e 13 puntos de diferenza, unha marxe que dependerá da participación da mocidade, maioritariamente laborista. Os colexios pecharán ás dez da noite, hora británica.
As Asociacións en Defensa da Sanidade Pública rexeitan a doazón de 320 millóns de euros anunciada por Amancio Ortega. Subliñan que o investimento é necesario facelo en Atención Primaria e non en equipos de diagnóstico e salientan que se Ortega pagase os impostos que paga un médico, xa realizaría anualmente esa mesma doazón.
Pescanova perde un 95% no seu regreso á Bolsa despois de catro anos. A compañía, que conta co 1,7% de Nueva Pescanova, está valorada en 900.000 euros, lonxe dos 170 millóns que custaba a empresa en termos me mercado no momento da suspensión da súa cotización.