O actual ministro de Exteriores de Italia, Paolo Gentiloni, aceptou este domingo o encargo do presidente da República para formar un novo goberno trala dimisión de Matteo Renzi. Será o cuarto primeiro ministro non elixido nas urnas nos últimos cinco anos, tras Mario Monti, Enrico Letta e Matteo Renzi
Fálase
A revista estadounidense Politico sitúa a Ada Colau como a quinta persoa máis influente de Europa, nunha lista de 28 nomes "que están perfilando" o continente. O alcalde londinense, Sadiq Khan, encabeza a selección.
Alberto Núñez Feijoo pronunciouse sobre o caso Monbús, sinalando que "é outra filtración parcial que quedará en nada". O presidente da Xunta afirma que non lle preocupa que o caso poida ir adiante no TSXG: "segundo as informacións, o fiscal do caso di que non hai nada"
Nas últimas 48 horas cinco atentados en Adamawa (Nixeria), Adén (Iemen), Mogadiscio (Somalia), O Cairo (Exipto) e Estambul (Turquía) provocaron ao redor de 200 mortes e centos de persoas feridas
Centos de ex presos abertzales inician unha campaña contra a política de dispersión do PP. Ao redor de 400 ex reclusos manterán en Usurbil (Guipúscoa) contactos con axentes políticos, sociais e sindicais de Euskad
O cumio de alcaldes e alcaldesas europeas en Roma, con gran protagonismo para Barcelona e Madrid, péchase cun pacto para crear unha rede alternativa de acollida aos refuxiados e refuxiadas
Un dobre atentado en Turquía provocou cando menos 38 mortes e máis dun cento de persoas feridas. As dúas explosións foron provocadas por un terrorista suicida e por un potente coche bomba
O presidente de Colombia, Juan Manuel Santos, recibiu este sábado o Premio Nobel da Paz, sinalando que "a guerra rematou". Na cerimonia do Nobel de Literatura, Patti Smith substituíu a Bob Dylan
25 países acordan un recorte da produción de petróleo para elevar o seu prezo. Esta medida únese ao recorte acordado hai dez días polos membros da OPEP.
As tropas sirias están a piques de recuperar a cidade de Aleppo, da que 50.000 civís fuxiron nos últimos dous días