O cumio de alcaldes e alcaldesas europeas en Roma, con gran protagonismo para Barcelona e Madrid, péchase cun pacto para crear unha rede alternativa de acollida aos refuxiados e refuxiadas
Fálase
Un dobre atentado en Turquía provocou cando menos 38 mortes e máis dun cento de persoas feridas. As dúas explosións foron provocadas por un terrorista suicida e por un potente coche bomba
O presidente de Colombia, Juan Manuel Santos, recibiu este sábado o Premio Nobel da Paz, sinalando que "a guerra rematou". Na cerimonia do Nobel de Literatura, Patti Smith substituíu a Bob Dylan
25 países acordan un recorte da produción de petróleo para elevar o seu prezo. Esta medida únese ao recorte acordado hai dez días polos membros da OPEP.
As tropas sirias están a piques de recuperar a cidade de Aleppo, da que 50.000 civís fuxiron nos últimos dous días
El Diario conta as historias de Lina, Sidra ou Faquira, algunhas das persoas refuxiadas "moi vulnerables" para as que Madrid pactou co Goberno central o seu traslado dende Grecia. Porén, o proceso está paralizado. En xuño relatamos en Praza a súa situación e en outubro amosamos o caso de Natasha, unha muller transexual paquistaní
A Asociación Petón do Lobo denuncia que un castelo non catalogado pola Xunta en Laxe pode verse afectado pola construción dun parque eólico de Gas Natural Fenosa. O Castelo de Sueiro, construído no século XI, foi derruído no século XIV
O 9 de decembro de 1936 o franquismo fusilou en Punta Herminia (A Coruña) oito sindicalistas da fábrica de Brens opostos ao golpe militar. Estes traballadores, xunto con outros veciños de Cee e a súa bisbarra, foran delatados polo xefe da factoría (declarado fillo adoptivo da localidade), que os acusou de levar a cabo unha folga o 21 de xullo. Cóntao a CIG no seu xornal Avantar
lamarea.com debulla as actuacións recentes do goberno brasileiro non electo, que se intenta blindar ante a persecución xudicial de varios dos seus integrantes, acusados de corrupción, ao tempo que busca modificar a Constitución para limitar o gasto público.
Ingresa no hospital un neno de 11 anos ferido ao escapar polo tellado do centro de acollida de Vigo, informa Público. O psicólogo que peritou os menores, que aseguran sufrir malleiras e insultos, advirte de que existe risco de autolesións e suicidio.