lamarea.com debulla as actuacións recentes do goberno brasileiro non electo, que se intenta blindar ante a persecución xudicial de varios dos seus integrantes, acusados de corrupción, ao tempo que busca modificar a Constitución para limitar o gasto público.
Fálase
Ingresa no hospital un neno de 11 anos ferido ao escapar polo tellado do centro de acollida de Vigo, informa Público. O psicólogo que peritou os menores, que aseguran sufrir malleiras e insultos, advirte de que existe risco de autolesións e suicidio.
Pedro Sánchez celebrará este sábado en Asturias o seu segundo acto con militantes, tralo que levou a cabo hai dúas semanas en Valencia
A crise de Monte dei Paschi di Siena (MPS) forza a Renzi a volver pensar en rescatar a banca. As entidades italianas acumulan un total de 198.000 millóns en préstamos dubidosos o fanados, o 35% en mans do MPS
Bricoking entra en concurso de acredores. Así o vén de ratificar un xulgado do mercantil da Coruña en resposta á solicitude da propia empresa galega de produtos de bricolaxe, que de agora en diante queda intervida pola administración concursal, responsable da "administración e disposición sobre o patrimonio da empresa".
En Marea lanza Medrando, o seu novo portal de participación coa vista posta na súa asemblea do 17 de decembro. O voceiro parlamentario, Luís Villares, formalizou a súa inscrición nun proceso no que, explican, quedará "decidida a participación interna de En Marea" e "fixadas as posicións políticas". "O seguinte paso será a escolla dunha nova dirección e o desenvolvemento do documento político aprobado", explican.
Xestur, a xestora de solo industrial da Xunta, pechará 2017 con perdas de 10 millóns de euros e un pasivo de 175 millóns, segundo as estimacións do Goberno galego
A Xunta destina 134.500 euros para "potenciar o uso do idioma galego" en editoras de xornais en castelán. A distribución destas cantidades pódese consultar no DOG deste venres. O actual Goberno prometera regular por lei achegas coma estas.
Un xulgado multa o alcalde de Santiago para que ordene derrubar parte dun hotel autorizado en 2008 mediante un convenio. Cóntao La Voz de Galicia
Unhas 500 persoas camiñaron este xoves dende as instalacións de Ferroatlántica en Brens (Cee) ata a fervenza do Ézaro, en Dumbría, para amosar o seu rexeitamento á venda e segregación das actividades da compañía