Xestur, a xestora de solo industrial da Xunta, pechará 2017 con perdas de 10 millóns de euros e un pasivo de 175 millóns, segundo as estimacións do Goberno galego
Fálase
A Xunta destina 134.500 euros para "potenciar o uso do idioma galego" en editoras de xornais en castelán. A distribución destas cantidades pódese consultar no DOG deste venres. O actual Goberno prometera regular por lei achegas coma estas.
Un xulgado multa o alcalde de Santiago para que ordene derrubar parte dun hotel autorizado en 2008 mediante un convenio. Cóntao La Voz de Galicia
Unhas 500 persoas camiñaron este xoves dende as instalacións de Ferroatlántica en Brens (Cee) ata a fervenza do Ézaro, en Dumbría, para amosar o seu rexeitamento á venda e segregación das actividades da compañía
Este 9 de decembro celébrase o Día Internacional contra a Corrupción. Entre os países europeos só Moldavia supera a España na percepción cidadá da corrupción como un dos tres principais problemas do país.
A vitoria do Celta en Atenas ante o Panathinaikos (0-2), con goles de Guidetti e de Orellana, clasifica os celestes para os dezaseisavos de final da Europa League
A Comisión Europea abre expediente a España e outros seis Estados por non sancionar a Volkswagen pola fraude das emisións
Ferroatlántica financiará a súa nova factoría de Sabón cun crédito do Ministerio de Economía. Segundo o grupo de Villar Mir, este proxecto está condicionado á venda das centrais de Cee e Dumbría. Cóntao La Opinión de A Coruña
O alcalde de Pontevedra explica nesta tribuna en eldiario.es a aposta da cidade polas peonalizacións e anima a seguir esta liña en pleno debate ao respecto en cidades como Madrid. Menos coches, máis cidade
Ciudadanos cuestiona unha estación do AVE Madrid-Galicia que realmente non é unha estación como tal, senón un Posto de Adiantamento e Estacionamento (PAET) esixido por motivos de seguridade, como explica esta reportaxe en Magnet