A Comisión Europea abre expediente a España e outros seis Estados por non sancionar a Volkswagen pola fraude das emisións
Fálase
Ferroatlántica financiará a súa nova factoría de Sabón cun crédito do Ministerio de Economía. Segundo o grupo de Villar Mir, este proxecto está condicionado á venda das centrais de Cee e Dumbría. Cóntao La Opinión de A Coruña
O alcalde de Pontevedra explica nesta tribuna en eldiario.es a aposta da cidade polas peonalizacións e anima a seguir esta liña en pleno debate ao respecto en cidades como Madrid. Menos coches, máis cidade
Ciudadanos cuestiona unha estación do AVE Madrid-Galicia que realmente non é unha estación como tal, senón un Posto de Adiantamento e Estacionamento (PAET) esixido por motivos de seguridade, como explica esta reportaxe en Magnet
Feijóo rexeita actuar contra políticos imputados dentro do PP antes de que se abra xuízo oral, a pesar de que esta medida figura no pacto asinado con Ciudadanos para a investidura de Mariano Rajoy
As eleccións italianas poderían celebrarse en febreiro, segundo revelou este martes o ministro do Interior, Angelino Alfano. O PD reunirase este mércores, nunha xuntanza que podería desvelar as intencións de Renzi, gran derrotado politicamente no referendo deste domingo.
El Diario analiza os resultados do Informe Pisa e destaca que a fenda de resultados entre comunidades autónomas, alumnado de familias favorecidas e humildes ou por sexo que sinalara a edición de 2012 seguen presentes.
O Básquet Coruña vence no derbi galego da LEB Ouro ao Breogán (94-85) nun gran partido dos dous equipos.
O Supremo confirma que os detectives privados non poden investigar delitos logo dunha sentenza contra o uso deles por parte do Concello de Melón. A alcaldía investigou un home condenado por un delito contra a seguridade do tráfico. Cóntao a Cadena SER. Foto de Hugo P.
Dimite o presidente das Novas Xeracións da provincia da Coruña. O concelleiro de Mocidade en Noia, Ramón Santos, fora acusado de dar un contrato a dedo á empresa do secretario xeral da organización xuvenil do PP.