Dimite o presidente das Novas Xeracións da provincia da Coruña. O concelleiro de Mocidade en Noia, Ramón Santos, fora acusado de dar un contrato a dedo á empresa do secretario xeral da organización xuvenil do PP.
Fálase
Alcaldes e concelleiros de 300 municipios cataláns acoden a traballar no Día da Constitución.
Os futbolistas portugueses Pepe e Coentrão ocultaron 7,2 millóns de euros a Facenda con sociedades en Panamá e as Illas Virxes. Un xuíz europeo prohibe difundir Footbal Leaks en toda Europa.
Manuel Valls dimite como primeiro ministro de Francia para ser candidato nas primarias presidenciais do Partido Socialista
Dende hoxe pode verse na rede a curta documental Inconformistas: 25 anos de andaina solidaria, que recolle a historia da Coordinadora Galega de ONGD, fundada o 1 de xuño de 1991
Falece a sindicalista Elvira Patiño. A actual secretaria conederal de Servizos da CIG finou este domingo e o sindicato traslada o seu pesar e destaca "o seu activismo para situar a problemática laboral e social da muller no centro do debate sindical".
A folga no sector na alimentación na provincia de Pontevedra -prevista para esta semana- quedou finalmente desconvocada, despois de que a patronal aceptase varias das reivindicacións do persoal, introducindo importantes melloras no convenio.
O Culturgal 2016 pechouse con ao redor de 15 mil asistentes, e xa prepara a edición do ano que vén, que será a décima e celebrarase do 1 ao 3 de decembro de 2017.
O voto das mulleres foi decisivo na derrota da ultradereita en Austria. O 62% optou polo ecoloxista Alexander Van der Bellen, mentres que o 56% dos varóns apoiou a Norbert Hofer.
Matteo Renzi presentará este luns a súa dimisión, trala contundente derrota do si no referendo de reforma constitucional en Italia. O non obtivo o 59% dos votos