As eleccións italianas poderían celebrarse en febreiro, segundo revelou este martes o ministro do Interior, Angelino Alfano. O PD reunirase este mércores, nunha xuntanza que podería desvelar as intencións de Renzi, gran derrotado politicamente no referendo deste domingo.
Fálase
El Diario analiza os resultados do Informe Pisa e destaca que a fenda de resultados entre comunidades autónomas, alumnado de familias favorecidas e humildes ou por sexo que sinalara a edición de 2012 seguen presentes.
O Básquet Coruña vence no derbi galego da LEB Ouro ao Breogán (94-85) nun gran partido dos dous equipos.
O Supremo confirma que os detectives privados non poden investigar delitos logo dunha sentenza contra o uso deles por parte do Concello de Melón. A alcaldía investigou un home condenado por un delito contra a seguridade do tráfico. Cóntao a Cadena SER. Foto de Hugo P.
Dimite o presidente das Novas Xeracións da provincia da Coruña. O concelleiro de Mocidade en Noia, Ramón Santos, fora acusado de dar un contrato a dedo á empresa do secretario xeral da organización xuvenil do PP.
Alcaldes e concelleiros de 300 municipios cataláns acoden a traballar no Día da Constitución.
Os futbolistas portugueses Pepe e Coentrão ocultaron 7,2 millóns de euros a Facenda con sociedades en Panamá e as Illas Virxes. Un xuíz europeo prohibe difundir Footbal Leaks en toda Europa.
Manuel Valls dimite como primeiro ministro de Francia para ser candidato nas primarias presidenciais do Partido Socialista
Dende hoxe pode verse na rede a curta documental Inconformistas: 25 anos de andaina solidaria, que recolle a historia da Coordinadora Galega de ONGD, fundada o 1 de xuño de 1991
Falece a sindicalista Elvira Patiño. A actual secretaria conederal de Servizos da CIG finou este domingo e o sindicato traslada o seu pesar e destaca "o seu activismo para situar a problemática laboral e social da muller no centro do debate sindical".