Feijóo rexeita actuar contra políticos imputados dentro do PP antes de que se abra xuízo oral, a pesar de que esta medida figura no pacto asinado con Ciudadanos para a investidura de Mariano Rajoy
Fálase
As eleccións italianas poderían celebrarse en febreiro, segundo revelou este martes o ministro do Interior, Angelino Alfano. O PD reunirase este mércores, nunha xuntanza que podería desvelar as intencións de Renzi, gran derrotado politicamente no referendo deste domingo.
El Diario analiza os resultados do Informe Pisa e destaca que a fenda de resultados entre comunidades autónomas, alumnado de familias favorecidas e humildes ou por sexo que sinalara a edición de 2012 seguen presentes.
O Básquet Coruña vence no derbi galego da LEB Ouro ao Breogán (94-85) nun gran partido dos dous equipos.
O Supremo confirma que os detectives privados non poden investigar delitos logo dunha sentenza contra o uso deles por parte do Concello de Melón. A alcaldía investigou un home condenado por un delito contra a seguridade do tráfico. Cóntao a Cadena SER. Foto de Hugo P.
Dimite o presidente das Novas Xeracións da provincia da Coruña. O concelleiro de Mocidade en Noia, Ramón Santos, fora acusado de dar un contrato a dedo á empresa do secretario xeral da organización xuvenil do PP.
Alcaldes e concelleiros de 300 municipios cataláns acoden a traballar no Día da Constitución.
Os futbolistas portugueses Pepe e Coentrão ocultaron 7,2 millóns de euros a Facenda con sociedades en Panamá e as Illas Virxes. Un xuíz europeo prohibe difundir Footbal Leaks en toda Europa.
Manuel Valls dimite como primeiro ministro de Francia para ser candidato nas primarias presidenciais do Partido Socialista
Dende hoxe pode verse na rede a curta documental Inconformistas: 25 anos de andaina solidaria, que recolle a historia da Coordinadora Galega de ONGD, fundada o 1 de xuño de 1991