O número de hipotecas constituídas sobre vivendas baixa un 47%. Segundo os datos do INE, a cantidade ascendeu a 26.415 en febreiro, cunha considerable caída con respecto ao mesmo mes de 2011.
Fálase
O Estado suspenderá o acordo de Schengen e pechará as súas fronteiras entre o 28 de abril e o 4 de maio pola celebración en Barcelona do cumio do Banco Central Europeo. Cóntao Ràdio Barcelona.
Como anunciara a ministra de Sanidade, o novo copagamento esténdese tamén aos produtos dietéticos, ao transporte sanitario non urxente e ás prestacións ortoprotésicas, que a Xunta viña valorando cobrar parcialmente dende hai tempo. No BOE de hoxe.
O Boletín Oficial do Estado publica este martes o Real Decreto que regula o novo copagamento nas prestacións farmacéuticas e limita a asistencia sanitaria a persoas inmigrantes.
Representantes das organizacións que integran a Plataforma contra as Fumigacións realizarán unha denuncia ante a fiscalía de medio ambiente polas fumigacións aéreas cun pesticida altamente tóxico e contaminante (Flufenoxuron), que se pretende utilizar contra a praga do gorgullo do eucalipto e que será prohibido en toda a Unión Europea a partir do 1 de agosto de 2012. Será a partir das 11.30 nos xulgados de Compostela.
Medio Rural planea macroplantacións de eucaliptos para centrais de biomasa
O Goberno valenciano despedirá o 40% dos traballadores e traballadoras das empresas públicas, unhas cinco mil persoas. Aumentan os rumores de que podería ser a primeira comunidade autónoma intervida polo Estado.
O Festival Terra da Fraternidade, que o 10 de maio homenaxeará a Zeca Afonso, xa ten cartaz
Dimite o primeiro ministros holandés, Mark Rutte, despois de que os seus socios de extrema dereita (o PVV de Geert Wilders) non aceptasen as medidas de austeridade propostas. Podería haber eleccións anticipadas.
Prisión sen fianza para o ex conselleiro andaluz de Emprego, Antonio Fernández, polo caso dos EREs fraudulentos. Cóntao El País