O Festival Terra da Fraternidade, que o 10 de maio homenaxeará a Zeca Afonso, xa ten cartaz

O Festival Terra da Fraternidade, que o 10 de maio homenaxeará a Zeca Afonso, xa ten cartaz
Dimite o primeiro ministros holandés, Mark Rutte, despois de que os seus socios de extrema dereita (o PVV de Geert Wilders) non aceptasen as medidas de austeridade propostas. Podería haber eleccións anticipadas.
Prisión sen fianza para o ex conselleiro andaluz de Emprego, Antonio Fernández, polo caso dos EREs fraudulentos. Cóntao El País
O reitor da USC, Juan Casares Long, censura as críticas do decano dos avogados composteláns a Gallardón. Na presentación pública dun máster Evaristo Nogueira acusou o ministro de Justicia implantar un dobre pago de até 1.200 euros na administración xudicial. Nese momento Casares Long retiroulle o micrófono diante dos medios de comunicación alí presentes.
Os sindicatos de NCG Banco apremian a Economía, o FROB e a Bruxelas para que tomen unha decisión xa sobre o futuro da entidade.
O BNG de Santiago realiza unha sentada simbólica na Praza do Obradoiro para denunciar o "pelotazo" da Finca do Espiño e anunciar unha "acción reivindicativa" contra esta operación urbanística.
O Concello de Lugo aproba en pleno a renuncia a concertar un préstamo que tiña previsto para financiar investimentos. A causá é que o municipio rematou 2011 cun superávit 5,8 millóns.
España insta a Arxentina a negociar unha compensación por YPF para evitar así resolver o conflito nun tribunal de arbitraxe internacional.
Venceréis pero no convenceréis. Parafraseando a Unamuno o condutor do programa de Radio 3, Javier Gallego, amosa no blog deste espazo radiofónico o seu rexeitamento á reforma legal que lle dá o control de RTVE ao PP. "A radio e a televisión públicas non teñen un só dono, teñen máis de corenta millóns e vostede é só un deles", dille a Rajoy.
Alfredo Urdaci quenta os ánimos no twitter especulando co seu regreso a TVE. Fala de "progredumbre" e publica unha foto dun burladero taurino