O BNG de Santiago realiza unha sentada simbólica na Praza do Obradoiro para denunciar o "pelotazo" da Finca do Espiño e anunciar unha "acción reivindicativa" contra esta operación urbanística.

O BNG de Santiago realiza unha sentada simbólica na Praza do Obradoiro para denunciar o "pelotazo" da Finca do Espiño e anunciar unha "acción reivindicativa" contra esta operación urbanística.
O Concello de Lugo aproba en pleno a renuncia a concertar un préstamo que tiña previsto para financiar investimentos. A causá é que o municipio rematou 2011 cun superávit 5,8 millóns.
España insta a Arxentina a negociar unha compensación por YPF para evitar así resolver o conflito nun tribunal de arbitraxe internacional.
Venceréis pero no convenceréis. Parafraseando a Unamuno o condutor do programa de Radio 3, Javier Gallego, amosa no blog deste espazo radiofónico o seu rexeitamento á reforma legal que lle dá o control de RTVE ao PP. "A radio e a televisión públicas non teñen un só dono, teñen máis de corenta millóns e vostede é só un deles", dille a Rajoy.
Alfredo Urdaci quenta os ánimos no twitter especulando co seu regreso a TVE. Fala de "progredumbre" e publica unha foto dun burladero taurino
SOS Sanidade Pública vén de anunciar a través das redes sociais a decisión de convocar unha protesta contra os recortes sanitarios para o vindeiro 3 de xuño
Causa Galiza denuncia a agresión ao seu portavoz nacional "por parte de individuos da extrema dereita"
Alfonso Rueda recorda que o futuro de Novagalicia Banco "non depende da Xunta". O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza di tamén que sería "bo e desexable" a súa continuidade como entidade galega.
O Ministerio de Educación e Cultura prevé aprobar "en breve" un "plan de fomento" das touradas. En La Información.
O Ibex derrúbase un 2,76%, chega á cota dos 6.800 puntos e acada mínimos de 2003, mentres que a prima de risco mantense arredor dos 437 puntos, o que elva a rendabilidade do bono español a dez anos ao 6%.