O Ministerio de Educación e Cultura prevé aprobar "en breve" un "plan de fomento" das touradas. En La Información.

O Ministerio de Educación e Cultura prevé aprobar "en breve" un "plan de fomento" das touradas. En La Información.
O Ibex derrúbase un 2,76%, chega á cota dos 6.800 puntos e acada mínimos de 2003, mentres que a prima de risco mantense arredor dos 437 puntos, o que elva a rendabilidade do bono español a dez anos ao 6%.
CCOO e UGT presentan mañá un escrito á defensora do Pobo, María Luisa Cava de Llano, para que promova un recurso de inconstitucionalidade contra a reforma laboral.
O ex primeiro ministro de Islandia, declarado inocente tras ser acusado da bancarrota na que acabou o seu país. Geir Haarde negou responsabilidades na crise financeira islandesa, malia que fixo oídos xordos ás advertencias.
O xornal 20 Minutos revela que o ministro de Educación, José Ignacio Wert, redactou unha carta inzada de erros gramaticais para conmemorar o Día do Libro. Podedes consultala aquí.
A CIG pide a CCOO e a UGT que se unan á convocatoria de folga xeral para a primeira quincena de xuño. Urxe a actuar "de forma conxunta" e alerta de que a sociedade debe continuar "con esta resposta social ou non ten saída ningunha”
Le Monde salienta que Sarkozy "xógao todo" na procura dos votos de extrema dereita. Sinala que "entre un François Bayrou con 9,1 % e unhe Marine Le Pen con 18,03%, Nicolas Sarkozy escolleu". A candidata da Fronte Nacional xa pediu aos seus votantes que se abstivesen na segunda volta, na que as enquisas sitúan a Hollande máis de dez puntos por diante. Os responsables de Sinpermiso afirman a este respecto que Le Pen é "nova, intelixente e ambiciosa, e aspira a culminar a tarefa destrutora de Sarkozy para converterse na xefa da oposición ao “sistema” e a Hollande".
Paul Krugman advirte de que España non está en recesión, senón nunha "depresión en toda regra" e, novamente, culpa as políticas de austeridade ditadas dende Alemaña. Artigo publicado en Sinpermiso. Krugman conclúe: "En vez de admitir que se trabucaron, os líderes europeos parecen decididos a tirar a súa economía —e a súa sociedade— por un precipicio. E o mundo enteiro pagará por iso".
“A crise da prensa, ao igual que a financeira, non é unha crise: é un cambio de paradigma”. Moi interesante entrevista a Juan Luis Cebrián en Jot Down.
El Jueves dedícalle ao rei Juan Carlos o seu número desta semana, un especial Monarquía