El Jueves dedícalle ao rei Juan Carlos o seu número desta semana, un especial Monarquía

El Jueves dedícalle ao rei Juan Carlos o seu número desta semana, un especial Monarquía
A CIG vén de lanzar a convocatoria dunha nova folga xeral, na primeira quincena de xuño, "ante a gravidade das políticas do goberno do PP". Máis información, hoxe en Praza.
O líder da xenófoba Plataforma per Catalunya, Josep Anglada, rematou a festa do seu partido a puñadas con dous mozos inmigrantes. Antes, proclamárse "o Sant Jordi do século XXI". En El 9 Nou
#YPF Repsol demandará a calquera empresa que invista en YPF. A compañía petrolífera española anuncia que tomará medidas legais contra quen aproveite a "expropiación forzosa" dun 51% da súa filial para investir na petroleira arxentina.
Bruxelas certifica que o déficit de España foi do 8,5% o ano pasado. Eurostat confirma os datos do Goberno, o que sitúa o déficit no terceiro máis alto da Unión Europea, só por detrás de Irlanda (13,1% do PIB) e Grecia (9,1%).
"O IRA tería que terse convertido nunha organización socialista". Sinpermiso publica unha entrevista con Tommy McKearney, antigo dirixente do Exército Republicano Irlandés
"Á sombra do extremismo do centro". Sinpermiso entrevista a Tariq Alí
O Goberno central tenlle que contar á UE esta semana todas as reformas que ten previsto facer en 2012. En La Información.
Seguen as quinielas para a presidencia de RTVE, que o PP poderá decidir sen pactos. El Confidencial apunta ao galego Francisco Campos, ex director xeral da CRTVG con Manuel Fraga.
A economía española entrou en recesión no primeiro trimestre ao caer un 0,4%, segundo o Banco de España.