Bruxelas certifica que o déficit de España foi do 8,5% o ano pasado. Eurostat confirma os datos do Goberno, o que sitúa o déficit no terceiro máis alto da Unión Europea, só por detrás de Irlanda (13,1% do PIB) e Grecia (9,1%).
Fálase
"O IRA tería que terse convertido nunha organización socialista". Sinpermiso publica unha entrevista con Tommy McKearney, antigo dirixente do Exército Republicano Irlandés
"Á sombra do extremismo do centro". Sinpermiso entrevista a Tariq Alí
O Goberno central tenlle que contar á UE esta semana todas as reformas que ten previsto facer en 2012. En La Información.
Seguen as quinielas para a presidencia de RTVE, que o PP poderá decidir sen pactos. El Confidencial apunta ao galego Francisco Campos, ex director xeral da CRTVG con Manuel Fraga.
A economía española entrou en recesión no primeiro trimestre ao caer un 0,4%, segundo o Banco de España.
Os afectados por ERE aumentaron un 55% nos dous primeiros meses do ano tras poñerse en marcha a reforma laboral o 12 de febreiro. Máis de 61.000 traballadores foron despedidos en España a través dun expediente de regulación.
O Ibex abre cunha baixada do 1,16%, ao situarse en case os 7.000 puntos. A prima de risco repunta até superar os 435 puntos.
Nunha entrevista na TV3 Artur Mas non descarta "eleccións anticipadas" se o Goberno español intervén a Generalitat.
Josep Anglada, líder de Plataforma per Catalunya, tivo este domingo unha pelexa na Praza Maior de Vic na que dous mozos acabaron no hospital. Os medios falan de que Anglada estaba bébedo.