A Plataforma das Artes Escénicas celebra unha asemblea aberta ás portas do Salón Teatro para debater a grave situación do sector

A Plataforma das Artes Escénicas celebra unha asemblea aberta ás portas do Salón Teatro para debater a grave situación do sector
Besteiro presiona para que o congreso do PSdeG se celebre antes do verán. Apremia a Pachi Vázquez e di que apurar as datas "é o sentir maioritario do partido" “A interinidade non beneficia o PSOE nin a sociedade", aclara o presidente da Deputación de Lugo.
PSdeG, AGE e BNG anuncian unha "resposta conxunta, firme e contundente" se a presidenta do Parlamento non "rectifica" a decisión de prohibirlles aos grupos convidar a cidadanía aos plenos da Cámara. Máis información sobre a comparecencia conxunta e a resposta do PP, esta mañá en Praza.
Os mozos autónomos pagarán cotas de 50 euros durante os seis primeiros meses. Inclúese dentro dunha estratexia do Goberno contra o paro xuvenil.
As protestas veciñais provocan a suspensión do pleno do Concello de Vigo, que ía aprobar os orzamentos. Adiántao Faro de Vigo. Iimaxe de @galizacig.
Sindicatos e Novagalicia Banco volven reunirse esta mañá nas negociacións polo ERE. A xuntanza volverá coincidir cun paro de media hora en todas as oficinas entre 12 e 12.30.
A troika chega a España para comprobar se se cumpren as condicións do rescate bancario. Rehn entrevístase con De Guindos e o MEDE aprobará o pago do segundo tramo de 1.865 millóns.
Sinpermiso entrevista o pensador marxista Leo Panitch sobre a situación da esquerda en Europa no marco na crise da socialdemocracia e a crise económica: "a peor cousa que pode facer a esquerda – especialmente no caso de Syriza– é o que tenderon a facer co PT en Brasil: romantizar a experiencia. Hai que mirar os acontecementos dende o punto de vista das dificultades que terá o partido".
A mugardesa Amada García foi homenaxeada no Castelo de San Felipe no 75 aniversario do seu fusilamento
O ministro de Exteriores, García-Margallo, anuncia o inicio de negociacións con México para que estaleiros galegos constrúan outros 25 buques para Pemex. Hai estrañeza no naval ao declarar o ministro, despois de reunirse con Peña Nieto, que os contratos con Barreras e Navantia "desatascáronse", cando o sector daba por feito que xa o estaban