Euskadi non aplicará o plan estatal que prevé o retorno das axudas para comprar vivendas e seguirá a potenciar o alugueiro. Cóntao eldiario.es

Euskadi non aplicará o plan estatal que prevé o retorno das axudas para comprar vivendas e seguirá a potenciar o alugueiro. Cóntao eldiario.es
Os tres equipos galegos que xogan polo ascenso á ACB perden os segundos partidos da serie. Breogán, Ourense e Básquet Coruña afrontarán os seguintes encontros dos cuartos de final coas súas eliminatorias empatadas a unha vitoria.
Macron gaña a Le Pen e será o próximo presidente de Francia. Consegue máis do 65% dos votos fronte ao 35% de Marine Le Pen.
Xulio Ferreiro cre que "algo se está a facer mal en En Marea". O alcalde da Coruña considera "un erro" abandonar "o espírito de confluencia" para "apostar por unha liña máis tradicional" que "homologa" a formación cos "partidos clásicos", durante unha entrevista en Radio Galicia.
A manifestación contra a privatización da fachada marítima da Coruña percorre xa as rúas da cidade. Máis de 4.000 persoas claman contra a especulación e as intencións da Autoridade Portuaria. Toda a información, hoxe en Praza.
O Pontevedra loitará por ascender a Segunda División. O equipo granate venceu o Arandina (2-1) para garantir a súa presenza no play-off.
O cambio climático reduce nun 15% o caudal dos ríos galegos en só 20 anos. O déficit hídrico pola suba das temperaturas agrávase con secas cada vez máis habituais. Cóntao Faro de Vigo.
O Obradoiro acada a permanencia logo dunha contundente vitoria ante o Betis nun Sar ateigado (88-67).
O equipo de Macron denuncia un "pirateo masivo" de documentos internos. Ven nel un "intento de desestabilizar as eleccións presidenciais" como "xa se viu nos EUA na última campaña".
Vitorias dos tres equipos galegos no primeiro partido de play-off de ascenso á ACB. O Breogán vence nada ao Palma e o Básquet Coruña e o COB Ourense gañan fóra ao Palencia e ao Oviedo.