A piques de rematar no Parlamento portugués o debate do programa de goberno, a cuxa fin se votarán a moción de rexeitamento contra o goberno da dereita, pactada polas forzas de esquerda que apoiarán o socialista António Costa como novo primeiro ministro. A RTP está a ofrecer o debate ao vivo.
Fálase
TVE pide desculpas pola "delicadeza" coa que tratou a figura de Franco nunha entrevista que o cantante Bertín Osborne lle fixo á neta do ditador no seu programa da canle pública.
Pachi Vázquez cre que Besteiro "non está en condicións de presentarse ás eleccións". "Eu son tanto ou máis inocente ca el e marchei para a casa", di na Radio Galega.
A CUP propón a Raül Romeva como candidato de consenso para desbloquear a investidura tras insistir en vetar a Artur Mas. O Parlament votará hoxe en primeira volta a elección de president.
A Xunta presenta a Xacopedia, unha enciclopedia do Camiño de Santiago con vocación universal pero só en castelán.
O comité de ética da Deputación de Ourense abordará a denuncia a Baltar. Farao este xoves e será a primeira vez que trate un tema específico, logo de que unha muller denunciase que o presidente lle ofreceu un traballo a cambio de sexo.
Fomento adxudica a dedo ducias de obras xa incluídas noutras licitacións con sobrecustos de ata o 50%. OHL, Ferrovial, ACS e FCC, algunhas das construtoras beneficiadas. É unha exclusiva de eldiario.es
A dereita emprega o debate sobre o seu programa para atacar o futuro goberno de esquerda en Portugal. "Direita travestida de oposição, esquerda em pose de Governo", di Público.
Bravo Bosch inicia hoxe a rolda de políticos imputados que declaran pola Patos. Foi destituída hai un mes como delegada da Xunta en Vigo logo de ser implicada na trama.
O pleno da Coruña aproba as novas ordenanzas fiscais cos votos de Marea Atlántica e PSdeG e rexeita as emendas formuladas polo PP. Pódese seguir ao sesión ao vivo nesta ligazón.