O PSOE propón sacar os restos de Franco e de José Antonio Primo de Rivera do Valle de los Caídos. Cóntao a Cadena SER.
Fálase
O brasileiro Carlos Burle surfeou este luns en Nazaré (Portugal) unha onda que pode superar o récord do mundo de 30 metros de altura obtido por Garrett McNamara hai uns meses no mesmo lugar. Burle participou, ademais, no rescate da sua compatriota Maya Gabeira, que tamén buscaba o récord.
O meirande centro budista de Europa está en Ventoselo, no concello de San Amaro, segundo destaca Marcos Sueiro en El Mundo
Catalunya prohibirá por lei utilizar animais nos circos, grazas a unha proposta presentada conxuntamente por CiU, ERC, PSC, ICV-EUiA e CUP
Novagalicia reparte tapóns para os oídos entre os traballadores para soportar as protestas dos preferentistas, segundo conta El Boletín.
O ex presidente de Pescanova demanda a empresa por despido improcedente. O cociñeiro Ferran Adrià é un dos accionistas atrapados na compañía.
Vén de publicarse o primeiro número de Elipse. Revista literaria galego-portuguesa. Os contidos son variados, dende poesía, ao relato curto, pasando por ensaio e traducións. Haberá dúas seccións fixas: unha dedicada a un autor ou autora e outra dedicada a un clásico da literatura galego-portuguesa.
O PP segue adiante co proxecto de Lei de Caza, que permite participar en batidas a menores de idade a partir de 16 anos. Toda a oposición esixe elevar a idade legal ata os 18.
Este serán preséntase en Compostela o proxecto Luzes, que impulsa o retorno desta cabeceira xornalística.
El Diario publica un artigo de Roger Liddle, no que o laborista pregunta se "Pode un novo ‘populismo de esquerdas’ rescatar a socialdemocracia?". Destaca que "o populismo de esquerdas non se pode abrazar a expensas da credibilidade económica"