A metade da mocidade reclama máis galego no ensino, segundo os datos dunha enquisa que hoxe publica La Voz
Fálase
Manuel Dios, primeiro candidato a concelleiro nas primarias de Compostela Aberta. O presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz vén participando na plataforma dende o seu nacemento e manifesta a súa vontade de "empoderar a cidadanía para auditar e limpar o Concello de podremia e indignidade, gañando o goberno municipal"
A Irmandade Xurídica Galega conmemorará o 17 de marzo en Redondela o 30 aniversario da primeira sentenza xudicial ditada en galego. Foi o 27 de marzo de 1985, a cargo dos maxistrados Ricardo Leiros, Claudio Movilla e Gonzalo de la Huerga
Máis de 700 persoas participaron nas primarias da Marea Atlántica desta fin de semana. Os doce candidatos elixidos coñeceranse hoxe e completarán a lista que lidera Xulio Ferreiro na Coruña e que completarán catro persoas "de consenso" máis.
Unha vertedura de hidrocarburos obriga a pechar ao marisqueo toda a ría do Burgo. En febreiro a ría xa permaneceupechada 15 días pola presenza de toxina paralizante
Diagonal celebra o seu décimo aniversario. O periódico publicou o seu primeiro número o 3 de marzo de 2005.
A Xunta prevé recadar en 2015 un 4,8% menos que en 2014. Tan só outras catro comunidades autónomas prevén reducir os seus ingresos este ano. A recadación quedaría un 16% por debaixo da de antes do inicio da crise.
Un excandidato do PP denuncia enchufes do partido en Ourense e acusa no xulgado ao alcalde de Barbadás de amañar oposicións
O sector da construción descendeu en Galicia en 2014 por sexto ano consecutivo. Dende 2008 o valor xerado por esta actividade caeu 3.000 millóns de euros, e levou a metade do emprego xerado.
O Celta cae 4-1 ante o Villarreal tras unha mala primeira parte. A reacción no segundo tempo non lle foi dabondo o equipo vigués, que se mantén lonxe da zona de descenso.