Unha histórica manifestación das esquerdas esixelle a Rajoy que someta os seus recortes a referendo. A marcha, na que participaron centos de milleiros de persoas, chegou á praza de Colón. Os organizadores calculan unha asistencia dun millón de persoas. A delegación do Goberno uns 65.000.
Fálase
Mario Conde presentarase ás eleccións galegas baixo a marca Sociedad Civil y Democracia. Ratificárono cun aplauso no acto que se celebra no Palacio de Congresos de Santiago, onde o ex banqueiro e ex convicto pronuncia un discurso no que imitou o acento galego en varias ocasións. Apóiano dende a bancada, entre outros, o escritor Alfredo Conde ou a presidenta da asociación Galicia Bilingüe. Máis información, hoxe en Praza. (foto: @madeiradeuz)
O conselleiro da Presidencia e xefe de campaña do PP, Alfonso Rueda, anuncia a súa intención de reunirse "esta semana" co PSdeG e co BNG para organizar os debates electorais, que se celebrarán na TVG
Milleiros de persoas marchan polas rúas de Madrid en protesta polos recortes e esixindo un referendo para decidir sobre a súa aplicación. O diario El País ofrece sinal directo dos actos finais da mobilización.
- Comeza o acto de Sociedad Civil y Democracia, o partido de Mario Conde, nun Pazo de Congresos con media entrada. "Hoxe aquí imos decidir se nos presentamos ás eleccións. Hoxe estamos aquí os que non somos políticos", di a presentadora.
Chegan a Madrid as marchas que comporán, desde as 12 da mañá, a manifestación contra os recortes, que se prevé masiva. Agárdase a participación duns 10.000 galegos.
Hoxe a axenda preelectoral está inzada de actividade política. Esta mañá o PSdeG presenta as súas listas, o BNG aproba as súas en Consello Nacional e, ademais, o partido de Mario Conde resolve sobre a posibilidade de que o ex banqueiro se presente o 21-O. Pola tarde, Compromiso por Galicia celebra as súas primarias.
A reforma do Código Penal a través da que se instaurará a cadea perpetua ocupa un importante espazo nas portadas dos diarios impresos de hoxe, que tamén destacan a continuación dos disturbios dos últimos días no mundo árabe
O documental N-VI, do realizador galego Pela del Álamo, obtivo o premio do público e unha mención do xurado no Festival Alcances de Cádiz
Estanse producindo manifestacións contra os Estados Unidos en varios paises musulmáns, coma Exipto, Iemen, Bangladesh ou Iraq. En Sudán foron asaltadas as embaixadas do Reino Unido e Alemaña.