A reforma do Código Penal a través da que se instaurará a cadea perpetua ocupa un importante espazo nas portadas dos diarios impresos de hoxe, que tamén destacan a continuación dos disturbios dos últimos días no mundo árabe
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5054253b4de7b-elpais.750.jpg)
A reforma do Código Penal a través da que se instaurará a cadea perpetua ocupa un importante espazo nas portadas dos diarios impresos de hoxe, que tamén destacan a continuación dos disturbios dos últimos días no mundo árabe
O documental N-VI, do realizador galego Pela del Álamo, obtivo o premio do público e unha mención do xurado no Festival Alcances de Cádiz
Estanse producindo manifestacións contra os Estados Unidos en varios paises musulmáns, coma Exipto, Iemen, Bangladesh ou Iraq. En Sudán foron asaltadas as embaixadas do Reino Unido e Alemaña.
A reforma enerxética, que nos últimos meses provocou un enfrontamento aberto entre os ministerios de Industria e de Facenda, queda resolta coa aprobación dunha taxa única do 6% á xeración eléctrica, sen distinguir entre tecnoloxias. Créase outra taxa para gravar o gas natural e a enerxía producida polo carbón. O Goberno decidirá agora se aumenta o recibo da luz para empresas e particulares, que se incrementou nun 7% e nun 4% nas dúas últimas revisións.
A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que está celebrando en Cardiff (Gales) o seu X Congreso, vén de elixir a Débora Campos como nova presidenta.
#CMin O Código Penal tipifica "expresamente" a "convocatoria" de actos "para a comisión dun delito" e "sanciónanse os actos de incitación a desordes graves"
#CMin O Consello de Ministros aproba o plan hidrolóxico da bacía Galicia-Costa
De Guindos anuncia un novo paquete de recortes. Esas "importantes" reformas faranse públicas nos vindeiros días, di o ministro de Economía. En El Economista
Os prezos da vivenda experimentaron no último trimestre o seu descenso máis importante dende 2007. En Galicia, os prezos caeron un 12,7% no último ano, mentres que no conxunto do Estado o descenso foi do 14,4%, segundo datos do INE. A burbulla inmobiliaria comeza a desincharse, o que tamén pode ter influencia nas decisións que adopten os xestores do futuro banco malo que porá no mercado a bolsa de vivendas e terreos sen vender en mans das entidades bancarias.
EQUO Galicia manifesta a súa disposición a incluir no seu programa e defender as propostas do Programa pola Terra que este mércores presentaron en Ourense ADEGA, Amigos da Terra, CEMMA, FEG e SGHN