Colectivos do 15-M convocan concentracións fronte ás sedes do PP este xoves para esixir a dimisión do Goberno. Na Coruña o acto consistirá nunha chourizada ante a sede dos populares.
Fálase
Vigo declarará a Joaquín Almunia persoa non grata. Abel Caballero sinala que nunca ninguén "lle produciu un dano" a Vigo coma o comisario de Competencia.
O presidente do Tribunal Constitucional, Francisco Pérez de los Cobos, pagou cotas de militante do PP cando menos entre 2008 e 2011. A Constitución prohíbelles a xuíces e maxistrados pertencer a partidos políticos e esíxelles “total independencia”
O TSXG admite que se poderían superar as 10.000 demandas por preferentes en setembro. A 15 de xullo xa se presentaran 2.160.
O economista David Peón analiza no seu blog as optimistas declaracións que dende distintos ámbitos veñen celebrando nos últimos días a fin da recesión económica: "España non estaba en recesión; estaba e estamos en depresión económica. E unha depresión non verá o seu fin polo simple aspecto técnico de experimentarmos un trimestre sen caída do PIB".
Sousa presenta a súa dimisión ao consello de Pescanova, segundo adianta Faro de Vigo.
Ferido un home en Arteixo que se disparou cando ía ser desafiuzado. Disparouse cando a comisión xudicial lle ía comunicar o desaloxo polo impago do aluguer.
O ex xerente do PPdeG era o encargado de entregar ao PP o diñeiro negro recadado en Galicia. Así o asegura Bárcenas, segundo conta InfoLibre, que sinala este asistente persoal de Rajoy como clave na trama dos populares.
España lidera o ránking europeo de licenciados en risco de pobreza. A media europea sitúase nun 7,3% mentras que en España está no 10%.
Costa da Morte, primeira longametraxe do director Lois Patiño, estará presente no Festival Internacional de Cinema de Locarno dentro da súa sección competitiva Cineastas do Presente