España lidera o ránking europeo de licenciados en risco de pobreza. A media europea sitúase nun 7,3% mentras que en España está no 10%.
Fálase
Costa da Morte, primeira longametraxe do director Lois Patiño, estará presente no Festival Internacional de Cinema de Locarno dentro da súa sección competitiva Cineastas do Presente
Todos os grupos da oposición no Congreso, agás UPyD, asinarán ás 13 horas un compromiso para, no caso de sumaren unha maioría suficiente despois das vindeiras eleccións xerais, derrogar inmediatamente a Lei Wert. Esta decisión chega despois de que o PP botase abaixo todas as emendas presentadas polas restantes formacións. Toda a información, nuns minutos en Praza.
A débeda pública bate récord en maio rozando o 90% do PIB
Os once deputados de Izquierda Plural abandonan o pleno do Congreso para protestar pola ausencia de sesión de control e permanecerán fóra do hemiciclo durante as dúas horas que tería durado
Antonio Mouriño, deputado do PP e ex alcalde de Celanova, simulou ser despedido da alcaldía para tentar cobrar un mes de paro. Presentou un certificado de destitución asinado polo seu número dous. Era un dos alcaldes que máis cobraba en toda Galicia, recibindo máis de 70 mil euros anuais.
Bruxelas pide devolver as axudas do tax lease entre 2007 e 2011. Máis información, nuns minutos en Praza.
Varias asociacións denuncian que nos últimos meses aumentou a discriminanción laboral por razón de orientación sexual, segundo informa eldiario.es
Currás culpa do fracaso da fusión das caixas ao Goberno de Zapatero. A ex conselleira de Facenda asegura que as novas exixencias de capital impediron que o proxecto "saíse como estaba deseñado" na carta remitida á comisión parlamentaria.
O "pendirve" que Bárcenas entregou ao xuíz eleva a 8,3 millóns o diñeiro negro que se movía en Génova, segundo publica El Mundo.