Antonio Mouriño, deputado do PP e ex alcalde de Celanova, simulou ser despedido da alcaldía para tentar cobrar un mes de paro. Presentou un certificado de destitución asinado polo seu número dous. Era un dos alcaldes que máis cobraba en toda Galicia, recibindo máis de 70 mil euros anuais.
