O Tribunal Constitucional rexeitará nos vindeiros días varios aspectos da reforma da institución, impulsada polo PP para actuar contra a Generalitat e o parlamento catalán, revisando á baixa as capacidades sancionadoras que lle foron atribuídas
Fálase
A Facultade de Xornalismo da USC acolle esta tarde ás 17 horas un debate sobre as propostas electorais en materia cultural e audiovisual, organizado pola Academia Galega do Audiovisual, no que participarán representantes de PP, PSdeG-PSOE, EnMarea, BNG e Ciudadanos. Mañá mércores ás 13 horas a Facultade de Filoloxía da UDC acolle un debate sobre Política Lingüística e Cultura, con representantes de PP, PSdeG-PSOE, EnMarea e BNG
Os traballadores interinos teñen dereito a percibir unha indemnización cando cesan no seu posto, segundo vén de declarar o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. A sentenza tamén sinala que non hai razón para que en caso de despedimento obxectivo, as indemnizacións dos traballadores indefinidos e os que teñen un contrato "de duración determinada" sexan diferentes
María Xosé Queizán e Sarabela Teatro, entre os Premios da Cultura Galega 2016. Letra en obras recolle a relación de persoas e entidades galardoadas
O PP critica nun vídeo as siglas que esconde En Marea e esta responde co que esconde Feijóo.
Feijóo promete rehabilitar 10.000 vivendas. A Xunta adiou ata esta campaña o pagamento de axudas de 2011 a 2014.
VÍDEO | CxG difunde un vídeo no que Íñigo Urkullu (PNV) pide o voto para o partido de Bascuas nas eleccións galegas
O informe anual de SOS Racismo alerta da "normalización" de certas prácticas en España nos últimos anos, co mantemento das agresións e do racismo institucional. Pide a aprobación dunha Lei Integral contra a discriminación.
Feijoo fai un chamamento ao seu electorado a non confiarse pola vantaxe que amosan as enquisas e di en Vilagarcía que "todos os votos son relevantes"
A vespa velutina intensifica a súa presenta no litoral norte e nas rías baixas e introdúcese nunha trintena de concellos de Ourense e do interior de Lugo. No que vai de ano retiráronse 3.354 niños en toda Galicia