O informe anual de SOS Racismo alerta da "normalización" de certas prácticas en España nos últimos anos, co mantemento das agresións e do racismo institucional. Pide a aprobación dunha Lei Integral contra a discriminación.
Fálase
Feijoo fai un chamamento ao seu electorado a non confiarse pola vantaxe que amosan as enquisas e di en Vilagarcía que "todos os votos son relevantes"
A vespa velutina intensifica a súa presenta no litoral norte e nas rías baixas e introdúcese nunha trintena de concellos de Ourense e do interior de Lugo. No que vai de ano retiráronse 3.354 niños en toda Galicia
O partido de Putin gaña as eleccións rusas con claridade, facéndose coa maioría absouta dos escanos, nuns comicios marcados pola elevada abstención
A CDU suma un novo resultado negativo nas eleccións rexionais, desta volta en Berlín, acadando un mínimo histórico. A SPD mantívose como primeira fora e podería formar un tripartito de esquerda. A AfD entrou na cámara con forza
O BNG responde ao cartel do PP parodiando un cartaz sobre unha verbena con orquestras.
As presións de operadoras e usuarios deixan no limbo a fin do roaming na UE. Recólleo eldiario.es
Correos xestionou xa unhas 5.000 solicitudes máis de voto por correo que nas eleccións galegas de 2012. Son 39.890 que, segundo detalla a empresa pública, aínda poderían incrementarse un chisco. A Coruña concentra o incremento, con 16.180. En Pontevedra foron unhas 12.600, e en Lugo e Ourense, unhas 5.500. Hai catro anos, cando o censo era maior, as solicitudes foran 34.030.
Xoaquín F. Leiceaga, Luís Villares e Ana Pontón debaterán a partir das 9 horas na Cadena Ser. O representante do PP será Pedro Puy, despois de Núñez Feijoo se negase a participar. O debate tamén se poderá ver en vídeo en directo a través da web da emisora.
Máis de 11 mil empregadas do fogar traballan en Galicia sen estar aseguradas. As regularizacións están estancadas dende 2012, cando cambiou a lexislación