O partido de Putin gaña as eleccións rusas con claridade, facéndose coa maioría absouta dos escanos, nuns comicios marcados pola elevada abstención
Fálase
A CDU suma un novo resultado negativo nas eleccións rexionais, desta volta en Berlín, acadando un mínimo histórico. A SPD mantívose como primeira fora e podería formar un tripartito de esquerda. A AfD entrou na cámara con forza
O BNG responde ao cartel do PP parodiando un cartaz sobre unha verbena con orquestras.
As presións de operadoras e usuarios deixan no limbo a fin do roaming na UE. Recólleo eldiario.es
Correos xestionou xa unhas 5.000 solicitudes máis de voto por correo que nas eleccións galegas de 2012. Son 39.890 que, segundo detalla a empresa pública, aínda poderían incrementarse un chisco. A Coruña concentra o incremento, con 16.180. En Pontevedra foron unhas 12.600, e en Lugo e Ourense, unhas 5.500. Hai catro anos, cando o censo era maior, as solicitudes foran 34.030.
Xoaquín F. Leiceaga, Luís Villares e Ana Pontón debaterán a partir das 9 horas na Cadena Ser. O representante do PP será Pedro Puy, despois de Núñez Feijoo se negase a participar. O debate tamén se poderá ver en vídeo en directo a través da web da emisora.
Máis de 11 mil empregadas do fogar traballan en Galicia sen estar aseguradas. As regularizacións están estancadas dende 2012, cando cambiou a lexislación
O Celta empatou (1-1) na casa no Standard de Liexa no regreso dos celestes á competición europea. Dentro de dúas semanas recibirá ao Panathinaikos grego en Balaídos.
A asociación Batas Blancas reclámalle á Xunta que investigue a 76 médicos que traballan á vez en centros públicos, privados e concertados. Sinala que son só “unha mostra” das numerosas violacións da lei de incompatibilidades na sanidade galega
O sumario da Taula confirma que as mordidas afectaban a toda a estrutura do PP na Comunidade Valenciana, comezando polo ex presidente Francisco Camps