O sumario da Taula confirma que as mordidas afectaban a toda a estrutura do PP na Comunidade Valenciana, comezando polo ex presidente Francisco Camps
Fálase
O PSOE defende a Chaves e Griñán a pesar da acusación da Fiscalía, que pide 10 anos de inhabilización e 6 de cadea respectivamente para os dirixentes socialistas andaluces. O fiscal calcula que a trama se fixo con 741 millóns de euros a través da presentación fraudulenta de ERE.
Renfe deixa tirado un tren Alvia con pasaxeiros en Palencia por non prever que o maquinista ía chegar ao límite legal da súa xornada laboral. Cando iso ocorre, teñen que descansar obrigatoriamente. Cando lles toca facelo en Betanzos, Renfe mesmo lles recomenda bares aos que ir.
VÍDEO | A Mesa lanza un vídeo para animar a "votar a partidos comprometidos co galego" nas eleccións do 25S. A montaxe repasa a situación da lingua galega e a súa evolución nos últimos anos.
De Cospedal defende en Santiago o "dereito" de Barberá a manter o escano. Fíxoo nun paseo pola praza de abastos compostelá, onde restou importancia a que a marca do PP apenas figure na campaña de Feijóo. Crónica de Gonzalo Cortizo
Ciudadanos afirma agora que non pactará co PPdeG se Baltar non renuncia ao seu cargo como presidente da Deputación de Ourense. En agosto a formación laranxa matizou que o seu acordo cos populares esixiría só a dimisión dos representantes públicos de ámbito estatal imputados por corrupción, non os de ámbito autonómico ou local.
Galicia será no 2050 a décima rexión da UE cunha maior taxa de dependencia, é dicir, cun menor número de persoas activas en relación coas maiores de 65 anos.
As entidades bancarias inscriben uns 3.000 inmobles no censo de vivendas baleiras da Xunta. Só están obrigadas a facelo nos concellos de máis de dez mil habitantes.
El Diario analiza o "desafío" de Rita Barberá a Rajoy, nun momento moi delicado para o candidato do PP á investidura
Barberá adiántalle a La Razón que se dá de baixa no PP, pero segue no Senado. A ex-alcaldesa de Valencia vai ser investigada -antiga imputación- por presunto branqueamento de capitais.