As presións de operadoras e usuarios deixan no limbo a fin do roaming na UE. Recólleo eldiario.es
Fálase
Correos xestionou xa unhas 5.000 solicitudes máis de voto por correo que nas eleccións galegas de 2012. Son 39.890 que, segundo detalla a empresa pública, aínda poderían incrementarse un chisco. A Coruña concentra o incremento, con 16.180. En Pontevedra foron unhas 12.600, e en Lugo e Ourense, unhas 5.500. Hai catro anos, cando o censo era maior, as solicitudes foran 34.030.
Xoaquín F. Leiceaga, Luís Villares e Ana Pontón debaterán a partir das 9 horas na Cadena Ser. O representante do PP será Pedro Puy, despois de Núñez Feijoo se negase a participar. O debate tamén se poderá ver en vídeo en directo a través da web da emisora.
Máis de 11 mil empregadas do fogar traballan en Galicia sen estar aseguradas. As regularizacións están estancadas dende 2012, cando cambiou a lexislación
O Celta empatou (1-1) na casa no Standard de Liexa no regreso dos celestes á competición europea. Dentro de dúas semanas recibirá ao Panathinaikos grego en Balaídos.
A asociación Batas Blancas reclámalle á Xunta que investigue a 76 médicos que traballan á vez en centros públicos, privados e concertados. Sinala que son só “unha mostra” das numerosas violacións da lei de incompatibilidades na sanidade galega
O sumario da Taula confirma que as mordidas afectaban a toda a estrutura do PP na Comunidade Valenciana, comezando polo ex presidente Francisco Camps
O PSOE defende a Chaves e Griñán a pesar da acusación da Fiscalía, que pide 10 anos de inhabilización e 6 de cadea respectivamente para os dirixentes socialistas andaluces. O fiscal calcula que a trama se fixo con 741 millóns de euros a través da presentación fraudulenta de ERE.
Renfe deixa tirado un tren Alvia con pasaxeiros en Palencia por non prever que o maquinista ía chegar ao límite legal da súa xornada laboral. Cando iso ocorre, teñen que descansar obrigatoriamente. Cando lles toca facelo en Betanzos, Renfe mesmo lles recomenda bares aos que ir.
VÍDEO | A Mesa lanza un vídeo para animar a "votar a partidos comprometidos co galego" nas eleccións do 25S. A montaxe repasa a situación da lingua galega e a súa evolución nos últimos anos.