A BBC recolle o peche da Radio Televisió Valenciana e equipárao ao da televisión grega. A canle británica informa, na mesma nova, das sancións previstas na nova lei de seguridade cidadá.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5298b89330ccc-_71433815_020165730-1.jpg)
A BBC recolle o peche da Radio Televisió Valenciana e equipárao ao da televisión grega. A canle británica informa, na mesma nova, das sancións previstas na nova lei de seguridade cidadá.
As "ofensas ou aldraxes a España" serán consideradas infraccións graves segundo a futura nova lei de Seguridade Cidadá, que hoxe pasou polo Consello de Ministros. El Diario ofrece a información adiantada ao respecto polo Goberno central.
O Ministerio de Educación denégalle unha bolsa predoutoral a unha estudante por ter o certificado de estudos en galego, segundo denuncia A Mesa
A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, imputada por prevaricación urbanística, suborno e tráfico de influencias.
Xogadores do Deportivo e Fernando Vázquez únense ás reivindicacións de Nunca Máis e posan con bandeiras da plataforma, como xa fixeran futbolistas do Lugo. As afeccións dos dous clubs, e a do Celta, están emprazados a protestar no minuto dez dos seus partidos deste sábado contra a sentenza do Prestige.
A prensa planta o vicepresidente valenciano na rolda de prensa posterior ao Consell da Generalitat en protesta polo peche de Canal 9. Recólleo El País #RTVVnoestanca
Así foi o derradeiro minuto de emisión de Canal 9, xusto antes do apagón propiciado pola intervención policial #RTVVnoestanca
O Goberno valenciano pecha definitivamente Canal 9 tras a entrada da Policía nas instalacións da canle para permitir o corte do sinal. #RTVVnoestanca
Xunta e Fegamp chegan a un acordo para aprazar a suba do canon de Sogama até xullo de 2014. Máis información, hoxe en Praza.
Xa están en marcha as primeiras actividades do Culturgal 2013. Ás 12:30 celébrase a inauguración oficial da feira das industrias culturais. Aquí podedes consultar todo o programa.