Á saída da xuntanza cos alcaldes da zona, Agustín Hernández realizou declaracións para os medios e incrementou a 1000 as hectáreas queimadas polo lume (foto: rizlinha)
Fálase
A concentración convocada polo Concello de Monfero, e na que participaron Rosa Quintana ou Samuel Juárez, reuniu un par de ducias de veciños, entre eles os concelleiros do equipo de goberno (foto: rizlinha)
#SOSFragasdoEume CCOO denuncia "imprevisión, improvisación, irresponsabilidade e incompetencia" de Medio Rural na xestión da loita contra incendios e lamenta a "voracidade" da Xunta nos recortes nos servizos de defensa contra os lumes.
Novagalicia confía en dar entrada a ata cinco fondos internacionais cun concurso público. O presidente da entidade, José María Castellano, asegura que tanto o Banco de España como o FROB "entenderon" o plan do banco, que segue a dar "a batalla" para convencelos.
#SOSFragasdoEume Un novo comunicado de Medio Rural contradí ao conselleiro de Medio Ambiente. Desde Monfero, Hernández fala de 1.000 hectáreas queimadas. O departamento de Rosa Quintana mantén que son 750. Podedes lelo aquí.
Rajoy estende a loita contra a fraude fiscal á Seguridade Social e ás pretacións por desemprego. Así o anunciou ante o Comité Executivo Nacional do PP, onde asumiu tamén que hai cousas dos Presupostos que non lle gustan ao Goberno pero que non había outra alternativa.
O paro na eurozona acada marcas históricas ao chegar ao 10,8%. España segue a liderar todas as estatísticias de desemprego en Europa, cun 23,6%. Máis da metade dos mozos españois están desempregados.
#SOSFragasdoEume Nova estimación de hectáreas queimadas. O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, xa fala de 1.000 nas súas declaracións ante a prensa en Monfero. A esta hora reúnese cos alcaldes da zona.
#SOSFragasdoEume Primeiras reaccións nos grupos parlamentarios, o PSdeG fala de que o Goberno de Feijóo "xa ten o seu Prestige", o BNG lembra os recortes e o PP defende a "eficacia" e a rapidez da actuación da Xunta. Nuns minutos, en Praza.
#SOSFragasdoEume Máis Galiza cre que o "desastre do incendio" das Fragas "só é un síntoma das devastadoras consecuencias da inacción política de desenvolvemento rural da Xunta", así como do cambio de política que "desmantela a valorización do medio rural" pola que apostara o bipartito.