Novagalicia confía en dar entrada a ata cinco fondos internacionais cun concurso público. O presidente da entidade, José María Castellano, asegura que tanto o Banco de España como o FROB "entenderon" o plan do banco, que segue a dar "a batalla" para convencelos.
Fálase
#SOSFragasdoEume Un novo comunicado de Medio Rural contradí ao conselleiro de Medio Ambiente. Desde Monfero, Hernández fala de 1.000 hectáreas queimadas. O departamento de Rosa Quintana mantén que son 750. Podedes lelo aquí.
Rajoy estende a loita contra a fraude fiscal á Seguridade Social e ás pretacións por desemprego. Así o anunciou ante o Comité Executivo Nacional do PP, onde asumiu tamén que hai cousas dos Presupostos que non lle gustan ao Goberno pero que non había outra alternativa.
O paro na eurozona acada marcas históricas ao chegar ao 10,8%. España segue a liderar todas as estatísticias de desemprego en Europa, cun 23,6%. Máis da metade dos mozos españois están desempregados.
#SOSFragasdoEume Nova estimación de hectáreas queimadas. O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, xa fala de 1.000 nas súas declaracións ante a prensa en Monfero. A esta hora reúnese cos alcaldes da zona.
#SOSFragasdoEume Primeiras reaccións nos grupos parlamentarios, o PSdeG fala de que o Goberno de Feijóo "xa ten o seu Prestige", o BNG lembra os recortes e o PP defende a "eficacia" e a rapidez da actuación da Xunta. Nuns minutos, en Praza.
#SOSFragasdoEume Máis Galiza cre que o "desastre do incendio" das Fragas "só é un síntoma das devastadoras consecuencias da inacción política de desenvolvemento rural da Xunta", así como do cambio de política que "desmantela a valorización do medio rural" pola que apostara o bipartito.
Un comunicado da Xunta afirma que nas Fragas do Eume "o perímetro do lume está practicamente controlado, anque como medida preventiva mantense a declaración do Nivel 1”. Mantén a cifra de 750 hectáreas queimadas e di que na extinción están traballando 3 técnicos, 28 axentes forestais, 30 brigadas, 17 motobombas, 3 palas, 8 helicópteros, 7 avións e efectivos de Protección Civil de Mugardos, ademais de 286 efectivos da Unidad Militar de Emergencias (UME).
#SOSFragasdoEume Os colectivos ecoloxistas Adega, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia exixen a convocatoria "urxente" da xunta consultiva do Parque Natural das Fragas do Eume para elaborar un plan que avalíe os danos do incencido e que fixe as medidas e a dotación económica para restaurar o espazo.
#SOSFragasdoEume O delegado do Goberno central e ex conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, intervén por primeira vez desde o inicio do incendio. Ás 12 participará na concentración convocada polos concellos en Monfero e ás 12:30 visitará as tropas da UME que traballan na extinción.