Equo Galicia manifesta "a súa satisfacción" polas "coincidencias programáticas" con Anova e Esquerda Unida e agarda "poder facer realidade nas vindeiras horas" a súa incorporación a Alternativa Galega de Esquerda
Equo Galicia manifesta "a súa satisfacción" polas "coincidencias programáticas" con Anova e Esquerda Unida e agarda "poder facer realidade nas vindeiras horas" a súa incorporación a Alternativa Galega de Esquerda
A esta hora desenvólvense as votacións na convención de primarias de Compromiso por Galicia, no Auditorio de Galicia, en Compostela. En primeiro termo a formación elixe os seus cabezas de lista provinciais e, a continuación, o candidatou ou candidata á Presidencia da Xunta.
Esta fin de semana o presidente e candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, e o cabeza de cartel dos socialistas, Pachi Vázquez, viaxan á Arxentina e ao Uruguai para celebraren actos electorais dos seus partidos.
Unha histórica manifestación das esquerdas esixelle a Rajoy que someta os seus recortes a referendo. A marcha, na que participaron centos de milleiros de persoas, chegou á praza de Colón. Os organizadores calculan unha asistencia dun millón de persoas. A delegación do Goberno uns 65.000.
Mario Conde presentarase ás eleccións galegas baixo a marca Sociedad Civil y Democracia. Ratificárono cun aplauso no acto que se celebra no Palacio de Congresos de Santiago, onde o ex banqueiro e ex convicto pronuncia un discurso no que imitou o acento galego en varias ocasións. Apóiano dende a bancada, entre outros, o escritor Alfredo Conde ou a presidenta da asociación Galicia Bilingüe. Máis información, hoxe en Praza. (foto: @madeiradeuz)
O conselleiro da Presidencia e xefe de campaña do PP, Alfonso Rueda, anuncia a súa intención de reunirse "esta semana" co PSdeG e co BNG para organizar os debates electorais, que se celebrarán na TVG
Milleiros de persoas marchan polas rúas de Madrid en protesta polos recortes e esixindo un referendo para decidir sobre a súa aplicación. O diario El País ofrece sinal directo dos actos finais da mobilización.
Chegan a Madrid as marchas que comporán, desde as 12 da mañá, a manifestación contra os recortes, que se prevé masiva. Agárdase a participación duns 10.000 galegos.
Hoxe a axenda preelectoral está inzada de actividade política. Esta mañá o PSdeG presenta as súas listas, o BNG aproba as súas en Consello Nacional e, ademais, o partido de Mario Conde resolve sobre a posibilidade de que o ex banqueiro se presente o 21-O. Pola tarde, Compromiso por Galicia celebra as súas primarias.