A Mocidade Nacionalista Galega (MNG) lanza un concurso de cartaces para unha campaña de afiliacións que comezará en breve. Pódense enviar as propostas até o 29 de xullo.
Fálase
A prima de risco supera os 570 puntos no inicio da mañá e os xuros dos bonos españois están por riba do perigoso 7%.
Un informe sobre competitividade global do Foro Económico Mundial asegura que a calidade do ensino de ciencias e matemáticas en España está no posto 111 do mundo, unhas posicións por detrás de Uganda (101). O informe valora positivamente a universalidade do acceso ao ensino medio e superior, pero moi negativamente a súa calidade.
Éxito de Carmina o Revienta, o filme de Paco León, na súa aposta por explorar novas vías de distribución para o cinema. A película, que se estreou á vez en salas, en DVD e en Internet tivo 30 mil espectadores na rede e vendeu máis de 10 mil DVDs.
300 mil internautas poden quedar este luns sen conexión ao desconectar o FBI os seus servidores para loitar contra o virus DNS Changer
13 mil licenciados emigraron de Galicia a outras comunidades autónomas para atopar traballo dende 2009. Dende o comezo da crise duplicouse a taxa de desemprego entre os universitarios
Sudán do Sur celebra o primeiro aniversario da súa independencia nun escenario de crise, corrupción, guerra e unha grave situación para ducias de milleiros de refuxiados.
Os ministros de Economía da zona euro debaten hoxe as condicións do rescate para España. O Goberno de Rajoy ofrece máis sacrificios a Bruxelas a cambio de boas condicións no rescate bancario.
Goldman Sachs acumula carbón térmico no peirao do Musel, en Xixón, á espera de que suban os prezos. Polo de agora o broker garda alí 156 mil toneladas, pero prevé desacrgar até 600 mil, para especular con este material.
Federer derrota a Murray na final de Wimbledon (4-6, 7-5, 6-3 e 6-4) e recupera o número 1 da clasificación mundial. O escocés Murray espertara unha grande expectación no Reino Unido, por ser o primeiro británico que chegaba á final dende 1938. Tanto, que en Downing Street hoxe ondeaba a bandeira escocesa xunto á británica.