O AGADIC prioriza os festivais consolidados nas súas axudas, un 360 mil euros que se repartirán entre eventos musicais e de artes escénicas, que deben levar dúas edicións en activo e ter un orzamento mínimo de 50 mil euros.
Fálase
O Goberno de Rajoy mantén o número de coches oficiais, 864 fronte aos 866 do pasado ano.
A prensa arxentina salienta a intención do Goberno de Cristina Fernández de pagar por Repsol "o que vale", non "o que queiran", tendo en conta a débeda e os danos medioambientais causados.
El Mundo di na súa portada que o magnate sirio Kayali, home de confianza do ministro saudí de Defensa, pagou a cacería do rei Juan Carlos. Foi clave na concesión do AVE a La Meca
Os pensionistas pagarán o 10% dos medicamentos. Rajoy anuncia dende México esta medida
CCOO anuncia novas mobilizacións contra a reforma laboral, aínda que descarta polo momento unha nova folga xeral.
#YPF Rajoy cre que a nacionalización de YPF dana a relación con Arxentina e "crea un grave precedente".
O BNG da Coruña acusa o goberno de Negreira de gastar fondos nun partido da selección española de baloncesto mentres "afoga" os clubes de base da cidade
Durante o longuísimo debate sobre os coches oficiais, o director xeral de Relacións Institucionais, Gonzalo Ordóñez, sinalou que a Xunta paga as facturas dos talleres mecánicos en 135 días. O PSdeG lembroulle que Feijóo asegurara que todas as facturas da Administración se abonan nunha media de 40 días.
#YPF Televisión Española suspende a emisión do programa Españoles en el mundo dedicado á Patagonia pola expropiación da filial arxentina de Repsol. Na Cadena SER.